22/06/2021
Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos
Actividades lúdicas, culturais e de ocio en Barbadás
BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS
As concellerías de Cultura, Mocidade, Deportes e Igualdade realizaron unha planificación que abrangue actividades para todas as idades
Teatro, concertos, talleres de graffiti, clases de patinaxe na pista de skate, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, master class de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así coma cinema conforman a oferta de ocio en Barbadás durante os meses de xullo e agosto
- A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentou esta mañá, cando se fixo público o programa cultural de Barbadás para este verán, que “estas son unhas datas que para nós son moi especiais, xa que aparte da cultura en si mesma é fundamental o espazo onde van ter lugar as actuacións culturais deste verán. O Parque dos Patos é un lugar de encontro para as familias onde saben perfectamente todos os xoves dos meses de verán, día en que terán unha cita para os/as cativos/as e as familias”.
- Este ano baixo o título de “Olla a Cultura presentamos un programa que agardamos sexa do gusto de todas as persoas que acudan, xa que tivemos en conta todo tipo de espectáculos: teatro, acrobacias, música, humor, etc”.
- A programación cultural está “dirixida a un público familiar, para que gocen da cultura, pasen un momento agradable, de convivencia agora que xa temos unhas normas menos restritivas en canto á Covid-19, e podemos xa estar un pouco mais próximos que é o que seguro nos apetece a todas as persoas nestes momentos”.
- Comezaremos este programa cultural este xoves con unha obra de teatro a cargo de “Ghadafelhos” que estará dirixida ao público infantil, en colaboración coa Consellería de Igualdade.
- O Venres 25, tamén promovido pola Consellería de Igualdade, enmarcadas ambas no Día do Orgullo LGTBI, está programado o gran espectáculo do grupo Broken Peach ás 20:30 horas.
- Os vindeiros martes 29 de xuño e mércores 30 de xuño gozaremos cos concertos das bandas de música da Escola de Barbadás, tanto infantil como xuvenil.
- O xoves día 1 de xullo volverá a deleitar ao público o grupo Ghadafelhos con outro espectáculo novo: “Monstros no camiño” e así todos os xoves de cada mes ata chegar o último xoves de agosto que remataremos con unha noite de cinema coa proxección da película “Cuñados”.
- Marga Pérez invitou “á veciñanza a que acuda a gozar da cultura e convivencia neste fermoso espazo como é o Parque dos Patos, na Valenzá”.
- O concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, destacou que “o programa de verán da Casa da Mocidade é algo novo de este ano dado que foi unha instalación que se puxo en funcionamento a principios de ano”.
- Na planificación de actividades “haberá dúas temáticas diferenciadas, unha no mes de xullo adicado á Cultura Urbana e outra no mes de agosto, o mes do Deporte”.
- Os espazos nos que se realizarán as diferentes actividades estará centralizado na Casa da Mocidade, pero tamén habilitaranse outro espazos como son: pista de skate, pistas de pádel do Polideportivo ou espazos ao aire libre no que terán lugar os diferentes concertos.
- “A finalidade desta programación de dinamización é ofrecerlle á mocidade do concello un espazo onde realizar actividades de ocio e tempo libre á mocidade e principalmente a partir de 12 anos en adiante, xa que ata os 12 anos teñen outro tipo de actividades como os diferentes campamentos de verán , uns orientados ao ocio e tempo libre e outros con un carácter lúdico-deportivo, que se desenrolarán en espazos como a piscina e locais sociais do Concello.
- Polo que durante todo o verán toda a mocidade do concello poderá levar a cabo diferentes actividades durante todos as semanas durante os meses de xullo e agosto.
- O Campus “Respira Familiar” tamén se engloba nestas actividades da área da Mocidade, no que se ofertan unha grande cantidade de prazas para a mocidade do concello, neste caso de 6 a 12 anos.
- Actividades da Concellería de Mocidade: o 2 de xullo haberá un concerto de hip hop no parque exterior da Casa da Mocidade. O 8 de xullo nesta mesma instalación está programado un taller de graffiti. Os venres 16 e 23 de xullo na pista de skate haberá clases de patinaxe agresiva.
- Está previsto un taller de coaching emocional os martes e xoves do 12 ao 22 de xullo na Casa da Mocidade. Planificouse un curso básico de DJ o xoves 22 de xullo.
- Durante agosto, mes centrado no deporte, celebrarase un torneo amistoso de futbolín, xogos populares, e torneos de billar e padbol. O 28 de agosto está prevista unha master class de iniciación ao boxeo e de ioga e zumba. O 1 de outubro programouse unha charla de ciberseguridade impartida pola Garda Civil.
- A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destacou as actividades promovidas a través do Centro de Información á Muller de Barbadás.
- O obxectivo “é promover de unha maneira lúdica e amena os principios de igualdade, prevención da violencia de xénero, así como de visibilización de diversidade LGTBI”.
- O día 25 de xuño ás 12 do mediodía procederase á entrega de premios do concurso infantil de debuxos titulado “Que é para ti a diversidade” na biblioteca municipal.
- As actividades culturais de “Iriña bailarina” e a actuación de Broken Peach enmárcanse na celebración do Día do Orgullo LGTBI.
- Cabe lembrar que a Concellería de Educación organizou un programa de actividades enmarcadas no “Concilia Barbadás” e a Concellería de Deportes oferta o campus lúdico-educativo “Respiro familiar”, cuxa inscrición está aberta ata o venres.
CIM-Centro de Información á Muller, Cultura, Mocidade, Novas