24/06/2022
Programación de verán en Barbadás
Música, maxia, teatro, circo, cine, grafitti, skate....
MÚSICA, MAXIA, TEATRO, CIRCO, CINE, GRAFFITI, SKATE,ACTIVIDADES LÚDICAS, DEPORTIVAS E DIDÁCTICAS COMPOÑEN O PROGRAMA DE VERÁN EN BARBADÁS
O concerto de Guezos, hoxe ás 21,30h, no Parque Dos Patos dá comezo ao programa do verán cultural, lúdico e de ocio do Verán Cultural Barbadás 2022
Hoxe, tivo lugar a presentación do programa Verán Cultural Barbadás 2022, cun amplo abano de actividades culturais, lúdicas, artísticas, deportivas, que se desenvolverán na época estival no noso concello.
- Marga Pérez, concelleira de Cultura, destacou que “temos unha cita importante coa programación cultural ao longo de todo o verán, un punto de encontro entre amigos/as e familias. Este ano aumentouse a oferta cultural e lúdica, así como o orzamento destinado a este tipo de actividades caracterizadas pola variedade na oferta”.
- Abel Pérez, concelleiro de Deportes e Mocidade, sinalou a importancia de ofrecer un amplo abano de actividades dirixidas aos/ás máis xóvenes: grafitti, DJ, hip hop, skate, charlas, etcétera compoñen a oferta para a mocidade.
- Elisabet González, concelleira de Igualdade, destacou a presenza hoxe de Guezos no Parque dos Patos, nun concerto enmarcado Pacto de Estado contra a violencia de xénero e pola Casa da Mocidade.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que “a programación do verán cultural de Barbadás convertiuse durante a pandemia nunha referencia para toda a contorna”.
P R O G R A M A C U L T U R A L
Actuacións no Parque dos Patos (A Valenzá)
- Xoves 23 de xuño ás 21:30 h. Guezos en concerto.
- Mércoles 29 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Infantil da Escola de Música de Barbadás.
- Xoves 30 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Xuvenil da Escola de Música de Barbadás.
- Xoves 7 de xullo ás 21 h. Actuación de Tanito e Máxico Brais co espectáculo «Circo Menudo….Menudo Circo» (Maxia).
- Xoves 14 de xullo ás 21 h. Actuación de Culturactiva Produccións co espectáculo «Desconcerto» (Teatro)
- Xoves 21 de xullo ás 21 h. Actuación do mago Dani García co espectáculo «Tin» (Maxia)
- Xoves 28 de xullo ás 21 h. Actuación de Teatro ó Cubo con el espectáculo «Ghop» (Teatro/Circo)
- Xoves 4 de agosto ás 21 h. Concerto do grupo En Mala Hora.
- Xoves 11 de agosto ás 21 h. Actuación de Cia Vaya co espectáculo «Vertical Boom» (Circo)
- Xoves 18 de agosto ás 21 h. Actuación de Xarope Tulú co espectáculo «Rilla Rilla» (Teatro)
- Xoves 25 de agosto ás 22 h. Noite de cinema coa proxección de la película «Valentina»
___
P R O G R A M A M O C I D A D E
A Casa da Mocidade ofrecerá tamén unha ampla programación de actividades:
- A segunda edición de BARBADÁS TEN RIMA! terá lugar o venres 1 de xullo na Praza Vermella, diante da Casa da Mocidade.
Este festival de Cultura urbana abrangue varias actividades:- 17:00 h. “ I Batalla de Galos” Edición Barbadás ten rima!
- 20:30 h. Arte Graffitti: IDOIA DE LUXÁN / DAFER PLANET
- 20:30 h. En Concerto: RUSSO / HOMBRE-P / ALFRE096 + KID MOUNT + WILSON
- Ao longo do mes de xullo terá lugar unha actividade que mestura deporte e ocio relacionada co “SKATE STREET” (Modalidades de Skate, Scooter e Patíns:
- Primeira quenda: días 1, 6 e 8 de xullo
- Segunda quenda: días 20, 22, 27 e 29 de xullo
Con 20 participantes por quenda en horario de 11h. A 13h.
- A programación da Casa da Mocidade inclúe tamén un OBRADOIRO GRAFFITI o xoves 7 de xullo, con clases de Graffiti para 20 participantes.
- Os días 14 e 21 de xullo (dúas quendas en horario de 12:00 a 14:00 h) está previsto un obradoiro de DJ, con un máximo de 15 participantes por día.
- CHARLAS :
- Mércores 13 de xullo: “Queréndome e coidándome”: Prevención dos trastornos de alimentación.
- Mércores 20 de Xullo: “Tips para detectar relacións tóxicas”: Prevención da violencia de xénero e outras problemáticas nas relacións sociais. Estas charlas están dirixidas a todos os públicos. 988 000 234. xuventude@barbadas.es
- Outra actividade deportiva e de ocio será o Campus de Verán ‘Os Patos’, do Programa Respiro familiar 2022.
A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás convoca o Campus de Verán “Os Patos”, unha actividade lúdica é o tempo formativa e que terá lugar durante as vacacións de verán dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.
Estará dividido en 10 quendas dunha semana de duración, do 27 de xuño ao 2 de setembro, nas piscinas municipais .
Un total de 200 prazas para nenos/as de 6 a 12 anos.
O campus “Os Patos” inclúe xogos acuáticos, actividades recreativas, manualidades, deporte e natureza.
Os/as solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación, azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas.- Programa Azul: manualidades. Natureza, xogos de mesa, cociña e festa.
- Programa Verde: arte, primeiros auxilios e salvamento, xogos populares, cociña e festa. Dificultade media-alta; obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.
PREZO: 20€
Máis información e inscricións nas Actividades de Mocidade
Casa da Mocidade
Rúa Os Diestros, 2 A Valenzá (Barbadás)
Tel. 988 000 234. xuventude@barbadas.es
Instagram: mocidade_barbadas
_____
P R O G R A M A E D U C A C I Ó N
- Outra oferta lúdica son os Campamentos “Barbadás Concilia Verán 2022”, organizados pola Concellería de Educación para nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 – 2018. Estes campamentos celebraranse entre 4 de xullo e o 30 de agosto, organizados por quincenas.
- 1º quincena de xullo (4 – 15 de xullo), 107 nenos/as aprox.
- Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
- As Lamas
- Barbadás
- Sobrado do Bispo
- Piñor
- Bentraces
- 2º quincena de xullo (18 – 29 de xullo), 100 nenos/as aprox.
- Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
- As Lamas
- Barbadás
- Sobrado do Bispo
- Piñor
- 1º quincena de agosto (1 – 12 de agosto), 50 nenos/as aprox.
- Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
- As Lamas
- Barbadás
- Sobrado do Bispo
- Piñor
- 2º quincena de agosto (16 – 30 de agosto), 36 nenos/as aprox.:
- Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
- Barbadás
- 1º quincena de xullo (4 – 15 de xullo), 107 nenos/as aprox.
Máis información e inscricións Actividades de Educación e Cultura
Casa da Cultura Manuel María
Rúa San Bernabé, 37, A Valenzá (Barbadás)
Tel. 988 246 885. educacion@barbadas.es
Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Deportes, Educación/Formación, Mocidade, Novas