23/02/2022
Programación do Concello de Barbadás para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller
A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, INCLÚE UN CICLO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL, UN PROGRAMA DE EMPREGO, OBRADOIROS DE DEFENSA PERSOAL E RISOTERAPIA E TEATRO
O acto conmemorativo central será na glorieta da familia e participará alumnado dos centros educativos
A programación desenvolverase nos meses de marzo e abril
- A presentación da programación en torno ao Día Internacional da Muller realizouse hoxe no Centro de Información á Muller de Barbadás coa presenza da concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a directora do CIM, María Armada.
- A concelleira de Igualdade, Elisabet González, explicou no acto de presentación da programación que “as mulleres unímonos para celebrar e reivindicar o noso papel na sociedade e protestar contra as desigualdades que aínda existen. Para este ano o Concello de Barbadás ten previsto levar a cabo unha programación que inclúe un amplo abano de actividades”.
- En diferentes lugares do concello están a desenvolverse obradoiros de risoterapia, unha actividade interactiva que está tendo unha boa acollida entre a veciñanza.
- Realizaranse ciclos de educación afectivo-sexual nos que van participar os centros educativos do concello: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CPR Luis Vives.
- O día 8 de marzo terá lugar un acto conmemorativo do Día Internacional da Muller nas inmediacións da rotonda da familia, onde alumnado dos centros de ensino procederán á lectura de varias poesías creadas por eles e elas coa temática do 8M.
- Tamén o 8 de marzo actuará a Escola Municipal de Música de Barbadás en unha actuación acompañando a lectura das poesías.
- O día 18 de marzo Isabel Risco poñerá en escena o espectáculo teatral “Nabiza girl” no auditorio da Casa de Cultura Manuel María.
- No mes de abril desenvolverase un taller de defensa persoal para todas as mulleres, onde se ensinarán diferentes técnicas de defensa ou protección ante unha posible agresión.
- Está previsto desenvolver o “Programa Rosalía”, coa finalidade de mellorar as habilidades laborais e persoais, competencia e autoestima das mulleres para promover a súa inserción laboral a través da súa orientación persoal e laboral.
- Este programa terá unha duración de 2 meses e desenrolarase en 3 fases. Na primeira fase vanse traballar as habilidades e motivacións das mulleres, na segunda orientación para atopar o perfil profesional de cada unha delas, mentras que a terceira fase está encamiñada á elaboración de un bo currículo e a preparar unha entrevista persoal.
- As participantes no “Programa Rosalía” terán a oportunidade de realizar visitas a empresas da zona”.
- O obxectivo final é acadar a inserción laboral das mulleres en situación de vulnerabilidade.