02/03/2021
Programación do “Mes da Muller” en Barbadás
Música, obradoiros, contacontos...

MÚSICA, OBRADOIROS, CONTACONTOS E LITERATURA CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, EN BARBADÁS
Ao longo do mes de marzo desenvolveranse actividades a prol da igualdade
- O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizou unha actividade, MÚSICA POLA IGUALDADE ,a cargo da Escola Municipal de Música de Barbadás ás 12 do mediodía nas inmediacións rotonda da familia.
- “BARBADÁS CAMIÑANDO POLA IGUALDADE” é o título de un vídeo que se publicará nas redes sociais no que participan e veciños e veciñas do noso concello.
- Os xoves 18 e 25 de marzo desenvolverase un obradoiro titulado “Claves para xestionar os malestares: medos, tensións e ansiedades”, dirixido a maiores de 16 anos. Este obradoiro será impartido por Beatriz Pérez Fernández, psicóloga do Centro de Información á Muller de Barbadás (CIM). O obradoiro desenvolverase entre as 10.00 e as 12:30 h. Aforo limitado a 10 persoas. Inscrición: No CIM, Tlfno: 988222251, email: psicoloxia.cim@barbadas.gal
- Ao longo do mes de marzo están programados obradoiros, #enridandovidaslibres. Están dirixidos ao alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos: CEIP Filomena Dato , CEIP Ou Ruxidoiro, CPR Luís Vives e IES Ferro Couselo (Datas segundo a evolución da situación sanitaria)
- Tamén se desenvolverán contacontos “Somos iguais”, dirixidos Dirixido ao alumnado de educación infantil dos centros educativos: CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro (Datas segundo evolución da situación sanitaria).
- “Desenredando contos” é o título de outra das actividades de contacontos dirixida ao público familiar na Casa de Cultura “Manuel María” (Datas e aforo segundo a evolución da situación sanitaria).
- A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destaca que “durante o mes de marzo en Barbadás tamén se prevé a visibilización e posta en valor do papel das mulleres na literatura na Biblioteca pública de Barbadás”.
- O 8 de Marzo foi instaurado en 1952 como Día Internacional da Muller pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas(ONU).
- O 8 M conmemora as “folgas” das mulleres , que ao longo da historia reivindicaron os seus dereitos laborais, económicos, ,políticos e sociais.
- As loitas foron conquistando cambios legais, sociais e culturais que fixeron avanzar as sociedades cara a maiores cotas de igualdade e democracia.
- Con todo, o tempo das loitas das mulleres non terminou. En todo o mundo e nas nosas comunidades locais persisten desigualdades e discriminacións cara ás mulleres polo feito de selo.
- Esta discriminación entrecrúzase coas discriminacións de clase, etnia, idade, cultura, conviccións, status migratorio, orientación sexual, identidade de xénero, ou capacidades… entre outras..
- A igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico.