22/06/2020

Programación do “Verán cultural” de Barbadás no Parque dos patos: os xoves entre o 2 de xullo e o 3 de setembro

O PARQUE DOS PATOS SERÁ O ENTORNO DO “VERÁN CULTURAL” DE BARBADÁS

Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación cultural que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro

  • O programa cultural “E no verán? Refréscate coa Cultura” comeza o xoves 2 de xullo ás 21,00 horas con un espectáculo de danzá-circo.

 

  • Xogo, imaxinación, acrobacia aérea e voz conforman o espectáculo “Ikigai” a cargo de SU.MA.

 

  • Os irmáns Quintá serán os protagonistas o 9 de xullo do camiño de volta de San Andrés de Teixidó despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu difunto avó.

 

  • O título deste espectáculo é Os romeiros do caracol”, posto en escena polos Fantoches bag.

 

  • Charo Pita presentará o xoves 16 de xullo “No país do vento”, un espectáculo musical para toda a familia.

 

  • Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes e, sobre todo, de risas conforman “Crunch”, cuxos protagonistas son dous superhéroes.

 

  • “Crunch” será protagonizado o 23 de xullo polos actores Muu ás 21,00 horas.

 

  • Os protagonistas do verán cultural en Barbadás o día 30 de xullo serán Piscore, que fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público.

 

  • Concerto con fusión” é o título do espectáculo no que teñen cabida diferentes ritmos: música latina, rock and roll, reggae, pop ou música disco.

 

  • O teatro chega ao escenario que estará todo o verán no parque dos Patos da man de Teatro Ghazafelhos coa posta en escena da obra “Acuario”, dirixido á xente miúda da casa para que se acheguen á poesía en lingua galega, aprendan o nome de peixes de descubran a riqueza bioloxica do litoral de Galicia.

 

  • O Sonoro Maxín estarán en Barbadás o 20 de agosto presentando o espectáculo “De navallas e cumbias”.

 

  • “Crónicas do paraíso” é o título do espectáculo que Sarabela Teatro presentará no escenario do parque dos Patos o 27 de agosto.

 

  • Esta obra que poñerá en escena Sarabela Teatro reflexa a forza do capital, da igresxa e do negocio escuro, colocando aos personaxes nunha situación irónica entre a vida e a morte.

 

  • Como colofón do “Verán cultural” de Barbadás proxectarase a película “Yerterday”, na que Jack Malik soña coa fama e conta co apoio da súa amiga incondicional Ellie. Tras un accidente dase conta de que é a única persoa que pode recordar ao Beatles.

Cultura, Novas

CONTENT.1711699722

SINGLE.1711699722