09/10/2026

Programación e establecementos participantes no evento MERCA E DEGUSTA BARBADÁS

Do 10 ao 17 de outubro

Barbadás - Merca e degusta 2026

O evento “Merca e Degusta Barbadás”, é unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio e a hostalería local.

A programación combinará actividades infantís, contacontos, música en directo, gastronomía, descontos, ofertas e sorpresas nos establecementos participantes, convertendo Barbadás nun punto de encontro para desfrutar, mercar e consumir no comercio e na hostalería de proximidade.

Degusta Barbadás do 10 ao 17 de outubro

Establecementos participantes:

  • Bar Pepito- co seu pincho Paloma.
  • Alento- co seu pincho  Tardiña da Valenzá.
  • Bar dos Patos– co seu pincho  Marea dulce.
  • Galúe Grille & Bar- co seu  pincho Tumbarrancho.
  • Bar Tarona-co seu pincho con Pataca crocante con relleno de ají de galiña.
  • A Cova do Savio –co seu pincho  Visan.
  • Oren Express- co seu pincho Gofregoxo.

As persoas participantes que degusten ata  tres pinchos, poden  votar polo seu favorito e participar no sorteo de vales de 50 euros para gastar nos comercios locais participantes no evento. Cada establecemento de hostalería participante contará cunha urna para  que as persoas depositen as súas tarxetas .O sorteo dos vales será público e farase o día 20 de outubro as 12:00h no Salón de plenos do Concello.

Merca Barbadás – 10 de outubro

A xornada do día 10 de outubro contará coa apertura en horario de tarde e ata as 23:00h, de diferentes establecementos comerciais, que ofrecerán descontos, ofertas e sorpresas as persoas que se acheguen a facer as súas compras.

Establecementos participantes:

  • Golosiños Sweet
  • Electrodomésticos Novoera
  • Twins
  • Tuwins Men
  • Herbolario Gaia Contigo
  • Elma
  • Donicela
  • Librería A Valenzá

As persoas  que merquen nestes establecementos , por cada 10 euros de compras,recibirán tarxetas para participar  no sorteo de vales de 50 euros para gastar nos comercios locais participantes no evento. Na rotonda da familia, na zona de concertos, haberá unha urna para que as persoas que merquen no comercio local poidan depositar alí as súas tarxetas. O sorteo dos vales será público e farase o día 20 de outubro as 12:00h no Salón de plenos do Concello.

Actividades do sábado 10 de outubro

A programación comezará ás 18:00 horas, cunha ampla e variada proposta.

Entre as 18:00 e as 21:00 horas, a avenida de Celanova acollerá pintacaras e xogos, pensados especialmente para o público familiar.

  • 18:00 h contacontos na Librería A Valenzá.
  • 19:00 h  contacontos na Herboristería Gaia Contigo.

A música terá tamén un papel protagonista ao longo da xornada, con diferentes actuacións:

  • 20:00 h: concerto de Tamara Pérez, na Avenida de Celanova (Rotonda da familia)
  • 21:00 h: concerto de Nuno Simoes, no Parque dos Patos
  • 21:00 h: música tradicional no pobo de Barbadás (En fronte do Concello)
  • 21:30 h: concerto de Emilio Padrón, na Avenida de Celanova (Rotonda da familia)
  • 23:00 h: concerto de Miguel Cerqueira, na Avenida de Celanova (Rotonda da familia)

Actividades do sábado 17 de outubro

Remate do concurso de pinchos.

  • 23:00 h: concerto do dúo Pequeña gran compañía, na Avenida de Celanova (Rotonda familia)

 

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1794833452

SINGLE.1794833452