03/11/2022

Programación en Barbadás para conmemorar o 25N

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Presentación 25N'2022 - Concello de Barbadás

BARBADÁS PRESENTA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Obradoiros, actividades divulgativas, teatro, reunións inter-institucionais e exposicións de pintura conforman o programa de Barbadás en torno ao 25N

A instalación do stand “Agresión off” abrirá a programación organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Barbadás

 

  • Hoxe ao mediodía tivo lugar a presentación da programación do 25N, Día internacional da eliminación da violencia de xénero, un abano de actividades que se desenrolarán en Barbadás ao longo dos meses de novembro e decembro.
  • O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel. Estiveron Victoria Morenza, tenente alcalde, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, a técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, María Armada, e a psicóloga do CIM, Mónica González.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “para o noso goberno é unha prioridade absoluta ter presente este día, precisamente porque en relación á violencia de xénero está habendo un certo retroceso na concienciación e na importancia que ten esta situación”.
  • Valcárcel lamentou que sexa “unha lacra absoluta o que está ocorrendo coas mulleres en relación as agresións e á violencia e consideramos que é fundamental este día para precisamente traballar na prevención porque hai un ámbito, un campo ou un eido que hai que ter moi presente: a mocidade”.
  • Nas últimas enquisas “hai datos que indican que preto dunha cuarta parte da xuventude considera que a violencia de xénero non é un problema grave, non están concienciados e concienciadas desta situación, e temos que traballar na eliminación dos micro-machismos”, indicou Valcárcel.
  • O Concello de Barbadás está facendo un gran traballo neste ámbito, en este eido e precisamente porque hai non moito tempo hai un convenio subscrito coa Subdelegación do Goberno en relación coa violencia de xénero, detallou o alcalde. Destacou tamén o traballo que se está realizando dende o Centro de Información da Muller, un recurso propio do concello de Barbadás e que atende a moitas persoas incluso fóra do noso concello”.
  • Valcárcel resaltou que “cremos que a ideoloxía si que é importante neste ámbito, porque hai partidos políticos que están precisamente en contra de traballar no ámbito da violencia de xénero, polo tanto a concienciación, a prevención e de novo a sensibilización son fundamentais”.
  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, asegurou que “como todos os anos, unha vez mais, o Concello de Barbadás, súmase á conmemoración do día 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, e con este motivo temos programadas unha serie de actividades ao longo dos meses de novembro e decembro”.

 

  • A primeira delas terá lugar mañá venres e consistirá na colocación dun stand informativo que ten como título “Agresión Off: eu digo non á violencia de xénero” que pretende formar e informar á poboación de Barbadás contra a violencia sexual. Estará situado nas inmediacións da rotonda da familia dende as 16:00h ata ás 22:00h.

 

  • O venres día 4 de novembro en xornada de tarde, concretamente ás 20:00h, terá lugar a inauguración da exposición de pintura “Disconformes…” de Ana Ferreiro na Sala de exposicións da Casa da cultura Manuel María e que se poderá visitar ata o día 9 de decembro.

 

  • Tamén o venres, día 18, na Casa da Cultura Manuel María teremos a oportunidade de desfrutar da obra de teatro “Golpes”. As invitacións poderanse retirar na Casa de Cultura nos días previos.

 

  • O sábado 26 de novembro, debido á gran demanda que tiveron estes obradoiros en edicións anteriores, volvemos a repetir a actividade de autodefensa para mulleres, que terá lugar na Casa da Mocidade ás 11:00h.

 

  • En decembro terá lugar a reunión ordinaria da Mesa de Coordinación Inter-institucional fronte á violencia de xénero do Concello de Barbadás, que coma sempre contará coa asistencia da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, da Secretaria Xeral de Igualdade, con representantes das forzas e corpos de seguridade, dos centros educativos e sanitarios do concello, así como con representación dos servizos sociais de Barbadás e Taboadela e do Centro de Información á Muller. Será o venres día 2 de decembro ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello. O obxectivo destas reunións é a coordinación entre todos os profesionais e as profesionais implicados/as na atención ás vítimas da violencia de xénero.

 

  • Ese mesmo día ás 20:00h na Casa da Cultura poderemos desfrutar novamente dunha representación teatral co título “Por unha peseta” da compañía Apatacón. Retirada de invitacións nos día previos na Casa da Cultura.

 

  • Concello de Barbadás continuará la liña de colaboración cos centros educativos da contorna, xa que dende o Concello de Barbadás “consideramos que o traballo coa infancia e a mocidade é fundamental de cara a acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria e este traballo débese facer de forma continua”.

 

  • Nesta ocasión levaremos aos centros educativos uns obradoiros titulados “Quérote, Quérome”, que son unha proposta para a prevención da violencia machista entre a mocidade. Levaranse a cabo dende o 14 de novembro ata o 16 de decembro e están dirixidos ao alumando de 4º e 5º de Primaria do Filomena Dato e O Ruxidoiro e a 1º da ESO do Luis Vives e do Ferro Couselo.

 

  • E por último, o día 16 de decembro, ás 20:00h, teremos a inauguración de outra exposición de pintura que leva por nome “Acrílico sobre 50 sombras de Grey e Lorazepán”, arte contra a violencia de xénero da artista Ana Peaguda. A exposición poderase visitar ata o día 3 de xaneiro de 2023.

Barbadás Quéreo Viveo, CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1728654568

SINGLE.1728654568