13/11/2019

Programación lúdica e didáctica do Centro de Información á Muller para conmemorar o 25 de novembro

ESPECTÁCULOS INFANTÍS E XUV ENÍS, TEATRO E OBRADOIROS NOS CENTROS DE ENSINO FORMAN PARTE DA PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS EN TORNO Á VIOLENCIA DE XÉNERO

As actividades lúdicas e didácticas están organizadas polo Centro de Información á Muller de Barbadás con motivo do 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A campaña “En negro contra a violencia desenvolverase entre os días 19 e 27 de novembro

O obxectivo é promover a igualdade e previr e rexeitar a violencia de xénero

  • A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 25N – Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, organiza ao longo de todo o mes de novembro  diferentes actividades de promoción da igualdade e prevención e rexeitamento da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello.

 

  • O Concello de Barbadás, a través do Centro de Información á Muller (CIM), elaborou unha programación dende o 19 ao 27 de novembro levarase a cabo a campaña de “Barbadas en Negro” para visibilizar a través dos establecementos e dos centros do Concello o rexeitamento da violencia de xénero tinguindo todos os espazos de negro.

 

  • Ao longo do mes de outubro e novembro leváronse e levaranse a cabo diferentes obradoiros de promoción da igualdade e prevención da violencia nos diferentes centros de ensino de primaria e secundaria do Concello.

 

  • Estas actividades están  financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  • O 19 de novembro, en dous pases, actuará Atenea García no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Estrafalaria” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello.
  • O 23 de novembro ás 19:30 h. e aberto a todo o público farán Xogo teatral a compañía “Silvardeiras Teatro” coa obra “cando Valentina era mala”.

 

  • O 25 de novembro, en dous pases, actuará Pablísimo no Auditorio da Casa da Cultura, co seu espectáculo infantil “Príncipas e princesos” dirixido á poboación infantil dos centros de ensino do Concello. Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  •  Para finalizar, o 27 de novembro ás 20:00h.no Auditorio da Casa da Cultura e aberto a todo o público xuvenil e adulto Artesacía Transmedia, presentarán “Chola, a it girl”, un espectáculo divertido, orixinal e sorprendente sobre Chola, unha mécanica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu show escénico youtuber. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Igualdade, Novas

CONTENT.1734159325

SINGLE.1734159325