17/11/2021

Programación para o 25N do Concello de Barbadás

OBRADOIROS, MESAS REDONDAS E REUNIÓN DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONFORMAN A PROGRAMACIÓN PARA O 25N DO CONCELLO DE BARBADÁS

Entre as actividades inclúese un obradoiro de defensa para mulleres

 

  • 16 DE NOVEMBRO: Reunión da Mesa de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero:

Terá lugar a primeira reunión de seguimento da Mesa, despois de ser constituída o pasado mes de abril como ferramenta de coordinación entre as diferentes institucións implicadas na prevención, abordaxe e tratamento da violencia de xénero no ámbito municipal de Barbadás. Forman parte da Mesa representantes do ámbito educativo, sanitario, das forzas e corpos de seguridade, da Subdelegación do Goberno en Ourense, así como persoal municipal das diferentes áreas implicadas na abordaxe da violencia de xénero, concretamente CIM e servizos sociais.

 

  • 19 DE NOVEMBRO: Obradoiro “Humor e machismo”

Actividade dirixida aos mozos e as mozas a partires de 14 anos. Trátase dun obradoiro de carácter lúdico e práctico para analizar a transmisión de condutas  machistas a través do humor e analizar deste xeito a socialización audiovisual entre a mocidade, co obxectivo de xerar un debate acerca do humor machista, saber identificar quen o executa hoxe en día e demostrar como está presente nos/as referentes da súa xeración, ofrecendo unha visión crítica dos seus ídolos, así como do contido de internet e das redes sociais coa finalidade de debater sobre os límites do humor e o seu contexto social.

Lugar: Casa da Mocidade, hora: de 17:00 a 20:00h.

 

  • 24 DE NOVEMBRO: Mesa redonda “Procesos de atención ás vítimas da violencia de xénero”

Interveñen:

  • Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen falará acerca dos recursos institucionais que ofrece a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral de Igualdade, para a prevención, a abordaxe e o tratamento da violencia de xénero e en concreto das axudas e prestacións coas que contan as mulleres vítimas da violencia machista en Galicia
  • Mª Alida Iglesias Gil, Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do goberno en Ourense, quen falará da atención das forzas e corpos de seguridade ás vítimas da violencia de xénero.

Lugar: CIM Barbadás, hora: 12:00h.

  • 25 DE NOVEMBRO: Acto institucional. Lectura de manifesto fronte á violencia de xénero

Lugar: Casa do Concello. hora: 12:00h.

 

  • 27 DE NOVEMBRO: Obradoiro de autodefensa e relaxación para mulleres

Obradoiro dirixido a mulleres, de tres horas de duración e organizado en colaboración con +Deporte do diario La Región. Trátase dunha actividade que ten como obxectivo dar a coñecer e practicar, por unha banda, diversas técnicas de autodefensa persoal e por outra, nunha segunda parte, técnicas de autorelaxación coa finalidade de crear un espazo seguro para o aprendizaxe e para a autoprotección.

Lugar: Polideportivo municipal, hora: de 10:00 a 13:00h.

 

  • 30 DE NOVEMBRO: Obradoiro “Eu mesma, co meu mecanismo!”

Trátase dun taller de tipo práctico, vivencial e participativo que ofreza ás mulleres participantes a posibilidade de crear un tempo e un espazo para repensarnos como mulleres, dende ideas que nos axuden a acomodarnos ao mundo e entendernos dende a nosa biografía, entendendo así as posibilidades de ser mulleres diversas, con historias de vida diversas e traballar sobre a idea de diversidade, de entendernos como diferentes e propiciar actitudes comprensivas cara outras mulleres, traballando así a sororidade.

Lugar: CIM Barbadás, hora: 10:00 a 13:00h.

CIM-Centro de Información á Muller, Novas

CONTENT.1711620312

SINGLE.1711620312