22/07/2021

Protección Civil de Barbadás efectuou 585 servizos nun semestre

A AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS REALIZOU UN TOTAL DE 585 SERVIZOS NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2021

Interviñeron en 67 operativos programados con antelación, como poden ser eventos culturais, lúdicos, de ocio e relixiosos ou deportivos

O responsable de Protección Civil de Barbadás, Daniel Rey, destacou  que “a colaboración coas forzas e corpos de seguridade cada vez é máis estreita, a situación de pandemia propiciou a colaboración entre os diferentes corpos”.

 

  • A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barbadás realizou un total de 585 operativos no primeiro semestre de 2021.
  • Os/as voluntarios/as interviñeron en 38 accidentes en estradas, dos cales 17 foron con persoas feridas e 21 sen feridos.
  • Respecto de actuacións derivadas da COVID-19, Protección Civil interveu en 85 ocasións.
  • Dende o Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás tamén se efectúan atencións sanitarias. No primeiro semestre de 2021 foron un total de 23 as intervencións de tipo sanitario.
  • O responsable de Protección Civil de Barbadás, Daniel Rey, explica que “no 2021 recuperase o número de servizos urxentes e de emerxencia porque no 2020, debido ao confinamento, baixou bastante ao reducirse o número de desprazamentos por estrada e ao non producirse situacións con risco”.
  • As intervencións relacionadas coa loxística en torno ao covid-19 teñen baixado en número, “pero segue a realizarse o apoio a persoas confinadas, desinfeccións e tarefas que teñen que ver coa situación de pandemia”, indica Rey.
  • A recollida de animais abandonados, feridos ou perdidos é outra das actividades que efectúa Protección Civil de Barbadás, de xeito que dende principios de xaneiro a finais de xuño recolléronse un total de 101.
  • Tamén interviñeron os/as voluntarios/as na busca de 6 persoas desaparecidas e atenderon a 10 usuarios/as do Servizo de Axuda no fogar.
  • Respecto aos operativos programados con antelación, como poden ser eventos culturais, lúdicos, de ocio e relixiosos ou deportivos, A Agrupación de Voluntarios/as estivo en 67 destas actividades.
  • Interviñeron en 14 incendios, e 8 controis de tráfico, en 7 aperturas de porta de carácter urxente, en 9 desprendementos e 11 incidentes con placas de xeo.
  • Durante o primeiro semestre Protección Civil interveu en 19 anegamentos, 7 verquidos de estrada 46 operativos de prevención de riscos e en 55 actividades de poda, corta ou entresaca de árbores con risco. Tamén interviñeron en 51 servizos de diferente tipo en 13 avisos por velutina  e en 12 servicios por avisos de presenza de enxames de abellas.
  • Daniel Rey resinou que “a principios de ano comezouse a realizar prevención de incendios coa limpeza das estradas que veñen a contribuír a manter no mellor estado posible as franxas secundarias para afrontar a tempada de lumes forestais”.
  • Respecto de operativos programados, é dicir, aqueles servizos nos que se asiste para eventos deportivos, culturais, relixiosas, etcétera, ao recuperarse a actividade, soben en número, segundo sinala o responsable de Protección Civil.
  • Rey destacou que “a colaboración coas forzas e corpos de seguridade cada vez é máis estreita, a situación de pandemia propiciou a colaboración entre os diferentes corpos”.

 

  • Datos de interese sobre Protección Civil de Barbadás: Rúa Ruxidoiro, 4, As Lamas, Barbadás. Teléfonos: 988243 446/988 225273/629 208607.

 

  • avpcbarbadas@hotmail.com; emerxenciasbarbadas@hotmail.com.

 

  • Twitter: @MPCBarbadás/ Facebook: Protección Civil Barbadás.

 

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1733591171

SINGLE.1733591171