24/10/2019
Protección Civil de Barbadás recibe a Placa ao mérito na categoría de Ouro
PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE A PLACA AO MÉRITO NA CATEGORÍA DE OURO
A Agrupación de Voluntarios conta na actualidad coa participación de 25 persoas que de xeito altruista traballan para a sociedade
- Os/as membros do servizo municipal de Protección Civil de Barbadás e da agrupación de voluntarios/as “queren transmitir a súa satisfacción pola concesión por parte da Asociación Nacional de agrupacións de voluntarios/as de PC de España da Placa ao Mérito na súa categoría de ouro”, sinala Daniel Rey, responsable en Barbadás da AVPC.
- A condecoración “,coincide no ano no que a agrupación de Barbadás celebra o 25 aniversario, efeméride pola que se está a proxectar unha xornada de celebración”, indica Rey.
- Para os/as membros do grupo esta entrega supón un recoñecemento ao traballo diario que desenvolve o colectivo durante 24 horas, 365 días, “e tamén para aqueles/as antigos/as responsables e voluntarios/as que pasaron pola AVPC dende a súa fundación o 20 de xuño de 1994”, destaca Daniel Rey.
- Na actualidade o colectivo conta con un número oscilante de entre 20 e 25 persoas e garante a presenza de alomenos 2 persoas de garda presencial en base as 24 horas do día.
- As actividades preventivas centran boa parte do esforzo da agrupación, ademais das de carácter formativo e a atención ás emerxencias.
- Sen embargo, nos últimos tempos “o groso do traballo actual concéntrase na retirada de niños de vespa velutina”, comenta Daniel Rey.