28/03/2022
Proxección da película VALENTINA
Cartel Valentina
Sala Manuel María/Barbadás
O xoves 31 de Marzo proxéctase a película VALENTINA na Sala Manuel María.
Sinopse:
Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista.
Pero nunha viaxe máxica xunto co seu amigo o rato Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.
2021: Premio Goya: Mellor película de animación.
Ás 10:30h. asistirán os nen@s do CEIP O Ruxidoiro e o CEIP Filomena Dato.
Ás 12h. asistirán os nen@s do Colexio Luis Vives.
Organiza: Concellaría de Cultura