20/11/2018
Proxecto Noé de Sarabela Teatro
Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Tres pingüíns enfréntanse ao dioivo universal, ou ao cambio climático ou como lle queiramos chamar neste principio de século. pero as ordes son moi claras, so están convidados dous. Na arca só admiten parellas. Nestas circunstancias pregúntanse polas leis humanas e divinas, polo sentido da existencia, pola amizade e o desexo de sobrevivir á conta do outro, o “outro” como algo moi diferente ao meu. Con humor e espíritu lúdico o espectáculo plantexa preguntas ao redor da nosa relación coa natureza.
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María
Data: Venres, 23 de novembro
Hora: 19.00 h
Entrada: Libre. Recollida de entradas na Casa da Cultura desde o luns día 19 ata a mañá do propio venres.