01/09/2026

Convocatoria Bono Concilia Familia 2026

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das axudas económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS412A)

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia os pais/nais e as persoas titoras de nenas e nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto

Para os efectos desta orde, entenderanse como vacacións escolares os seguintes períodos do ano 2026:

– Do 1 ao 7 de xaneiro.

– Os días 16, 17 e 18 de febreiro.

– Do 30 de marzo ao 6 de abril.

– Do 20 de xuño ao 8 de setembro.

Accións e gastos subvencionables

1.Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar que se atopan nun dos seguintes supostos:

a) Supostos de necesidades puntuais que a continuación se relacionan:

1º. Enfermidade ou accidente da nena ou neno ou da persoa coidadora habitual.

2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención da nena ou neno.

3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención da nena ou neno.

4º. Situacións puntuais de coidado de familiares da nena ou neno ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención da nena ou neno pola persoa coidadora habitual.

b) Necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións, sempre que os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou o proxenitor dunha familia monoparental non se poidan facer cargo da atención da nena ou neno por motivos laborais.

2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenas e nenos nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022, nos supostos previstos no número anterior e realizados dentro do período indicado no artigo 1.1:

1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar, de forma temporal, para o coidado da nena ou neno.

2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica privada, para a atención das nenas e nenos nos períodos de vacacións escolares; polo tanto, exceptúanse os recollidos na Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A) e calquera outro organizado directa ou indirectamente por calquera Administración pública.

 Tipo de axuda e contía

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata un máximo do 100 % do no caso de familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias con garda con fins adoptivos, familias en que un ou varios fillos ou fillas conviventes teñan unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 % ou familias vítimas de violencia de xénero, e ata un máximo do 75 % no resto dos casos, sempre cun límite:

a) De 500 euros por unidade familiar, no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

b) De 200 euros por cada nena ou neno no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenas e nenos nos períodos de vacacións escolares.

 Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará ás 9.00 horas do día 9 de setembro de 2026 e finalizará o día 9 de outubro de 2026, ás 14.00 horas

Data Adxuntos
01/09/2026 Bono Concilia 2026 PDF [719 KB]

Novas

CONTENT.1789256359

SINGLE.1789256359