20/07/2026
Próximo curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal do Concello de Barbadás
Reunión inicial coas familias, xoves, 3 de setembro, ás 10:00 horas.

Cada curso na Escola Infantil de Barbadás é unha oportunidade para aprender, medrar, xogar e descubrir o mundo, nun espazo seguro, acolledor e pensado para o benestar das máis pequenas e dos máis pequenos.
O próximo mes de setembro comenzaremos unha nova etapa escolar 2026/2027.
- A benvida e reunión inicial coas familias está programada para o xoves, 3 de setembro, ás 10:00 horas.
- Daremos inicio ao curso o venres, 4 de setembro.
No tríptico que acompaña a esta publicación, está dispoñible toda a información de interese. Na nosa escola infantil tamén teredes exemplares impresos.
Agradeceriámosvos que teñades moi en conta as recomendacións e normas que se contemplan neste documento para o bo devir de toda a tempada.
Agardámosvos con moita ilusión para compartir un novo curso cheo de aprendizaxes, xogos e momentos inesquecibles.
Benvidos e benvidas á Escola Infantil Municipal de Barbadás!

| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 20/07/2026 | Tríptico información curso 2026-2027 da Escola Infantil Barbadás PDF [1 MB] |