26/07/2021

Publicación no Diario Oficial de Galicia o luns 26 de xullo de varias axudas

O Diario oficial de Galicia publica o luns 26 de xullo varias axudas:

-ORDE do 14 de xullo de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021, programa I:Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

-ORDE do 14 de xullo de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021, programa II: Emprego con apoio (código de procedemento TR342A).

-RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 da Axencia de Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021  (código de procedemento TU503B).

Data Adxuntos
26/07/2021 Plan Galicia emprega de incentivos á contratación PDF [1 MB]
26/07/2021 Emprego con apoio PDF [429 KB]
26/07/2021 Subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hotelerios e de restauración PDF [990 KB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1632058953

SINGLE.1632058953