16/02/2026

PUNTO DE ENCRONTRO AGRUPACIÓNS – Desfile de Entroido de Barbadás

A organización recibirá ás agrupacións ás 16:00 h nos puntos de encontro que se indican

Barbadás-Punto de encontro desfile Entroido 2026

O 17 de febreiro, ás 17:00 h, daremos inicio ao  Desfile de Entroido do Concello de Barbadás.

 

A organización recibirá ás agrupacións participantes dende as 16:00 h nos seguintes puntos de encontro:

  • (A) AGRUPACIÓNS CON VEHÍCULO.  Punto de encontro no  Polideportivo Municipal. O persoal de organización indicará a posición de cada comparsa. Como chegar.

 

  • (B) AGRUPACIÓNS SEN VEHÍCULO. Punto de encontro na Rúa das Cuartas, acceso dende a Avda. de Celanova. Como chegar.

 

Para o bo desenvolvemento do evento, prégase puntualidade e seguir as instrucións da organización.

Barbadás- Organización Entroido

Barbadás- Organización Entroido 2026

Eventos

CONTENT.1773479731

SINGLE.1773479731