26/10/2018

Quinta edición do Rallymix de Barbadás

A QUINTA EDICIÓN DO RALLYMIX DE BARBADÁS SERÁ EN MEMORIA DE GONZALO BELAY JIMÉNEZ

 

Escudería Barbadás, organizadores do evento, teñen previsto aumentar ata 60 o número de inscricións

 

O campionato automovilístico celebrarase os días 3 e 4 de novembro

 

  • O rallymix de Barbadás, “Memorial Gonzalo Belay Jiménez”, é unha proba deportiva competitiva puntuable para o campionato galego da especialidade.

 

  • O trazado desta proba discorrerá  por vías muncipais de zonas de Cimadevila, O Val, A Fraga, O Furón, A Capela e A Moura.

 

  • O percorrido ten unha lonxitude de 6,100 quilómetros, na súa maior parte itinerarios en terra.

 

  • Os camiños e as pistas forestais forman parte do percorrido, salvo os primeiros 100 metros da saída e os últimos 300 metros da meta.

 

  • Co obxecto de garantir a seguridade na zona será necesario restrinxir o tráfico dende o cruce de Moreiras ata Barbadás pobo.

 

  • Os/as vecinos/as e o persoal autorizado poderán circular nos horarios no que non se estean  a celebrar as probas clasificatorias.

 

  • O Concello colabora con Escudería Barbadás na organización do evento a través de apoio loxístico e da presencia de Protección Civil e Policía Local.

 

  • Pepe Sampayo, xefe de prensa de Escudería Barbadás, solicita a colaboración do público para que as probas se desenrolen con normalidade e sen incidentes.

 

  • Adrián Varela, concelleiro de Deportes destacou a importancia de que “Barbadás se convirta por quinto ano consecutivo na capital do automobilismo galego”.

 

  • Iván Corral, presidente da Federación galega de Automobilismo, asegura que o Rallymix de Barbadás é un “evento deportivo consolidado”.

 

  • Corral explica que é un evento deportivo moi interesante porque “van coincidir varios campionatos, onde poderán disfrutar os xirareiros, facéndose eco das recomendacións da organización”

 

  • Segundo Corral “imos disfrutar do evento con sentido común as persoas de Galicia, norte Portugal, Asturias e Castela-León nun campionato low cost, no que pode disfrutar a xente con pouco custo”.

 

  • O presidente da Escudería Barbadás, Juan Carlos Villanueva “Marabú” agradeceu a patrocinadores, concello e forzas de seguridade a súa participación e destacou a presenza dos mellores pilotos.

 

  • Os organizadores/as confían en superar a participación de edicións anteriores, dende 53 a 60 participantes.

 

  • Entre os patrocinadores do Rallymix figuran a Deputación, o Concello de Barbadás, o Inorde, Carnes Marabú e Barreiros Consultores, entre outros, ademais de Lloves Pinturas, Pozos de Barrena Freire, Luis Aragonés, Talleres e Grúas Baldomero, Maquinor, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

 

  • Os vehículos admitidos no rallymix son os de montaña, de autocross, os quad biplazas ou os carcross.

 

 

 

Deportes, Eventos, Novas

CONTENT.1729006265

SINGLE.1729006265