14/10/2021

Rally Mix Barbadás 2021

A 7ª EDICIÓN DO RALLY DE BARBADÁS CONTARÁ CON UNHA PARTICIPACIÓN DE 49 EQUIPOS

Ao acto de presentación asistiron o vicepresidente da Deputación, o delegado de Deportes da Xunta, o tenente da Garda Civil, o responsable do comité organizador, o presidenta da Escudería Barbadás,  Julio Bouzo, o presidente de protocolo Rallye Princesa de Asturias e Ourense, Juan Carlos Villanueva “Marabú”, patrocinador e impulsor do evento deportivo e Elsa Barreiros, relacións públicas do rally e representante de Barreiros Consultores. Tamén estiveron a tenente alcalde de Barbadás e o concelleiro de Deportes.

  • O acto de presentación da sétima edición do Rally Mix Barbadás tivo lugar no exterior da Casa do Concello de Barbadás coa presenza de representantes de institucións e organizadores, forzas de seguridade e patrocinadores.
  • Ao acto de presentación asistiron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Luis Fernández, o delegado de Deportes da Xunta, Manuel Pérez, o tenente da Garda Civil, o responsable do comité organizador, Pepe Sampaio, o presidente da Escudería Barbadás, Julio Bouzo  o presidente de protocolo Rally Princesa de Asturias e Ourense e Juan Carlos Villanueva “Marabú”, patrocinador e impulsor do evento deportivo. Tamén estiveron a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza e o concelleiro de Deportes, Abel Cortés.
  • Pepe Sampaio, responsable do comité organizador, explicou que “ despois de un ano de parón, retomamos o Rally Mix en Barbadás, a proba que é a decana dos Rally Mix existentes en Galicia, segue mantendo a súa tradición e respecta o tramo que tíñamos pensado, coa única variante de que investimos o percorrido e modifícase un pouco a saída”. O tramo segue comezando en asfalto, muda a terra, e volve rematar en asfalto.
  • Sampaio resalta que seguimos mantendo os mesmos patrocinadores e os mesmos organismos colaboradores dende o primeiro ano, polo que estamos eternamente agradecidos e felices de contar con eles”.
  • As xornadas do Rallye serán o sábado 16 (pola mañá e pola tarde ) e o domingo 17 pola mañá, en tanto que a entrega de premios será o domingo as 13:30. Segundo a organización “agardamos que sexa unha boa fin de semana de carreiras, tranquila e sen incidencias”.
  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, asegurou “estar moi orgullosos coa representación que nos da no Concello este evento, de feito é o primeiro evento importante que temos no concello despois da situación vivida pola pandemia, temos a tranquilidade polo nivel da organización e da loxística disposta todos os anos para o Rally Mix”.
  • Victoria Morenza, tenente de alcalde, sinala que “é un orgullo para o Concello de Barbadás volver contar coa presenza de este evento tan importante que reúne a tantos afeccionados/as. Nesta 7ª Edición son moitas as persoas, os empresarios, as forzas de seguridade implicadas e o esforzo de todos vaise ver un ano máis, xerar esa ilusión deportiva despois de un ano de non terse celebrado. Do que se trata é de que sexa un foco de proxección a nivel non só de Galicia, senón de España e de Portugal.
  • Morenza transmitiu os agradecementos en nome do concello de das persoas que realizan un seguimento do evento, a Marabú, Pepe Sampaio, ás forzas de seguridade: Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e a todas esas persoas que conseguen ilusionar a tanta xente e que conseguen tamén poñer a Barbadás no mapa deportivo, atraendo cada ano mais persoas e xenerando riqueza na economía local do concello.
  • Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, agradeceu “a todos os medios presentes, o que nos indica que este acontecemento é froito de esa palabra fetiche que sempre dicimos na Deputación de Ourense “Cooperación”, unha cooperación institucional, xa que aquí están presentes o Concello de Barbadás, O Inorde, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, representada por Manuel Pérez, delegado de Deportes en Ourense”.
  • Fernández destacou “a colaboración interinstitucional tamén para facer posible un Rally decano e dos puntuables para o Campionato Galego e faise posible aquí en Barbadás, con ese ánimo de descentralizar xa que Ourense provincia está enraizada co automobilismo, co motor”.
  • Marabú, como patrocinador e impulsor do rallye,asegura “estar moi orgulloso de promover a sétima edición, as seis anterior saíron moi ben, e esta non vai ser menos”. Amosou “o meu agradecemento ás colaboracións, aos patrocinadores, xa de despois de tantos anos seguen mantendo a ilusión a pesar de que as cousas sabemos que non son fáciles e, sen embargo eles e elas seguen aí”.
  • Marabú tamén agradeceu “a presencia e apoio a este evento aos medios de seguridade, Garda Civil, Protección Civil, Policía Local e un gran equipo de xente que está presente tamén, sendo case imposible nomealos a todos”.

Deportes, Novas

CONTENT.1728534717

SINGLE.1728534717