É o Regulamento do recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade dunha persoa mediante o Certificado do grao de discapacidade, documento que acredita a discapacidade das persoas.
Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Se ás persoas valoradas se lles recoñece unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.
– Documentación:
–Solicitude recoñecemento grao discapacidade
-Fotocopia compulsada do DNI ou, no seu defecto, libro de familia ou partida de nacemento. No caso de estranxeiros fotocopia compulsada da tarxeta de residente.
-Se é o caso, fotocopia compulsada do representante legal e do documento acreditativo da representación legal ou garda de feito. Declaración do gardador de feito
-Fotocopia compulsada dos informes médicos e/ou psicolóxicos actualizados.
-Xustificante de ingresos da unidade familiar.
–Normativa:
– RD 1971/1999 do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (BOE nº 22 do 26 de xaneiro do 2000).
– Real Decreto 1169/2003, de 12 de setembro, polo que se modifica o anexo I do Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (BOE nº 238 do 04/10/20003)
–Orde do 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (DOG nº 16 do 23/01/01)
–Orde do 12 de xuño de 2001 sobre creación, composición e funcións da Comisión Estatal de Coordinación e Seguimento da Valoración do Grao de Discapacidade. (BOE nº 152 de 26/06/2001). Modificada pola Orden TAS/646/2007, de 9 de marzo (BOE nº 68 do 20/03/2007)
–Real Decreto 1856/2009, de 4 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade, e polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro.(BOE nº 311 do 26/12/2009)
-Disposición adicional primeira do Decreto 15/2010,de 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do PIA e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
–Real Decreto 1364/2012, de 27 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.(BOE nº 245 do 11/10/2012)
–Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 69 do 10/04/2013). Corrección de erros (DOG nº 74 do 17/04/2013)