02/09/2020

REDRUM TEATRO en Barbadás

O Programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás “E NO VERÁN…? REFRÉSCATE COA CULTURA”, finaliza esta semana con dous eventos, o XOVES 3 DE SETEMBRO con unha proxección de cinema e o DOMINGO 6 DE SETEMBRO cun espectáculo teatral para os máis pequen@s.
DOMINGO 6 DE SETEMBRO, ÁS 20H. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo REDRUM TEATRO, que nos presenta o espectáculo “A nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Teatro Familiar / Comedia Musical 50′
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

Cultura, Eventos

CONTENT.1713519096

SINGLE.1713519096