17/12/2025
“OS CONTOS DE LOBICÁN” con REEDRUM TEATRO
Os contos do Lobicán

Continúa o Programa de Nadal de Barbadás, e o Venres 19 de Decembro,ás 19h. acompáñanos o grupo de REDRUM TEATRO co espectáculo “Os contos do Lobicán”, será na Sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Mamá Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana.
Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.
“Os Contos do Lobicán” é unha histora conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.
Día: Venres 19 de Decembro
Hora: ás 19h.
Lugar: Sala Casa da Cultura Manuel María de Barbadás.
Evento: Teatro
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Concellaría de Cultura | Barbadás