23/02/2019
Reforma da iluminación na rúa 17 de maio
REFORMA DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA NA RÚA 17 DE MAIO E INSTALACIÓN DE CANALETAS DE DRENAXE PARA A RECOLLIDA DE AUGAS DAS ESCORRENTÍAS PROCEDENTES DA PARTE ALTA DO TERREO
O principal obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria tanto na beirarrúa coma no vial
- Retranqueo de 11 puntos de iluminación pública dende o borde exterior da beirarrúa hacia o borde interior.
- Reposición de 5 puntos de iluminación que se atopaban inutilizados porque foron derrubados por vehículos pesados ao realizar manobras de estacionamento.
- As luminarias que se repuxeron axustáronse ás características das que xa existían: columnas de fundición pintadas en cor negra e fuste de aceiro galvanizado pintado en cor gris de 8,7 metros de altura.
- As liñas de alimentación son soterradas baixo canalización reglamentaria.
- O proxecto de execución destes traballos incluía tamén o saneamento do talud existente para o drenaxe da escorrentía das augas pluviais.
- Os traballos de drenaxe da escorrentía procedente da parte alta do terreo na marxe dereita da beirarrúa (dirección Ourense) fixéronse mediante unha canaleta con reixa de fundición colocada en zanxa, asentada sobre formigón e conectada á rede existente de augas pluviais.
- O custo das obras ascende a 22.687,14 euros.
- A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, explica que o obxectivo desta actuación “foi mellorar a seguridade viaria de peóns e automobilistas, así como a recollida de xeito definitivo das augas procedentes das escorrentías”.