16/09/2020
Reforma da Pista de San Bieito, en San Lourenzo de Piñor

O CONCELLO DE BARBADÁS ACOMETE A REFORMA DA PISTA DE SAN BIEITO PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE E A MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NA ZONA RURAL
A execución das obras tivo un custo de 38.811,61 euros
Un dos obxectivos da actuación no vial mellorar un tramo de acceso a vivendas e a fincas agrícolas e pór en valor aos núcleos rurais, así como potenciar o arraigo da súa poboación
- As obras de mellora na Pista de San Bieito de Cova do Lobo consistiron na rexeneración do firme nun camiño de titularidade municipal que presentaba un estado que dificultaba o tráfico rodado polo mesmo, debido fundamentalmente ao deterioro da súa capa de rodadura.
- Procedeuse tamén á ampliación, mediante a roza e retirada da vexetación herbácea dos bordos laterais do camiño, deixando á vista o pavimento existente baixo ela, limpeza de cunetas, regularización da rasante en zonas puntuais, pola aparición de raíces na calzada, mediante a eliminación das mesmas e o afirmado.
- Os traballos de execución do proxecto incluiron tamén a mellora, mediante o reforzo do firme existente cunha dobre rega asfáltica, e o mantemento mediante o bacheo de zonas puntuais dun tramo de 550 m de lonxitude dun camiño de titularidade municipal que dá acceso a parcelas agrícolas situadas entre loa Travesía de Piñor e a capela de San Bieito de Coba do Lobo.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que a Pista de San Benito, que comunica a travesía de Piñor coa hermida de Cova do Lobo, “é unha zona moi transitada, na que se están construindo vivendas no seu tramo inicial, e ademais é un paraxe moi representativo do Concello de Barbadás a nivel natureza e no ámbito relixioso”.
- Un dos motivos do arranxo desta pista é “mellorar un tramo de acceso a vivendas e a fincas agrícolas e pór en valor aos núcleos rurais, así como potenciar o arraigo da súa poboación”, sinala Valcarcel.
- A concelleira de Urbanismo e Obras, Victoria Morenza, explica que “mediante as obras proxectadas o Concello de Barbadás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos, no seu empeño de reforzar o tecido social e mellorar a capacidade produtiva das áreas municipais. Deste xeito perséguese dinamizar o tecido empresarial e fixar poboación nos núcleos rurais, promovendo accións encamiñadas á execución de obras de conservación e acondicionamento de accesos”.
- Morenza sinala que o custo de execución do proxecto ascendeu a 38.811,61 euros e que esta actuación forma parte da mellora de viais anual correspondente ao Plan Marco, financiado con fondos europeos (Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural).