É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.
-Documentación:
Deberá presentarse nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello para obter os impresos de solicitude.
-Normativa:
–Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. (DOG nº 249 do 31/12/2013)