04/05/2020

Reparto de mascariñas en diferentes dependencias municipais e en establecementos comerciais abertos

REPARTO DE MASCARIÑAS EN DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO DE BARBADÁS

  • O Concello de Barbadás continuará repartindo mascariñas de tela nos establecementos comerciales abertos e nas dependencias da Policía Local.
  • Repartiranse tamén mascariñas, neste caso cirúrxicas, para as persoas maiores de 60 anos ou con patoloxías nas Oficinas Municipais da Valenzá e comezaran a repartirse este mércores na casa consistorial.
  • As mascariñas infantís de tela tamén comezarán a repartirse nas dependencias da Policía Local.
  • Infórmase á veciñanza que as mascariñas de tela están sendo confeccionadas por máis de 20 persoas de xeito altruista. Entregaronse primeiros nos centros da terceira idade e dende hai semanas distribúense periódicamente nos establecementos comerciais, lugares nos que hai que solicitalas. A maior parte das mascariñas de tela que se reparten son confeccionadas por estas persoas voluntarias, en tanto que Adercou (Asociación de Desenvolmento Rural da Comarca de Ourense, con sede no Centro Empresarial Transfronteirizo, ubicado en Pontón) donou 150 aproximadamente tanto para nenos e nenas como para adultos/as.

 

CALENDARIO DE ENTREGA:

MASCARIÑAS CIRÚRXICAS: para maiores de 60 anos ou con patoloxías:

  • Martes de 17,00 a 19,00 e os Xoves de 9,00 a 14,00 horas nas Oficinas Municipais da Valenzá Rúa do Viso, 2).
  • Mércores: de 9,00 a 14,00 horas na casa consistorial, fundamentalmente para persoas que residan na zona de Barbadás, Pontón, Bentraces, Sobrado e Loiro.

MASCARIÑAS DE TELA:

  • Policía Local: de luns a venres, de 9.00 a 14, 00 horas.
  • Establecementos comerciais abertos.

MASCARIÑAS INFANTÍS:

  • Policía Local: de luns a venres, de 9.00 a 14, 00 horas.

 

Novas

CONTENT.1711624636

SINGLE.1711624636