21/11/2023

Representación teatral de “Soutelo Enterprise”. Circuíto Galego de Teatro Amador 2023

Sábado, 25 de novembro, ás 19:30h.

O sábado 25 de novembro rematamos este Circuíto de Teatro que se realizou durante este mes na Sala Manuel María de Barbadás, e como final de festa teremos ao grupo de O Carballiño TIRULEQUE TEATRO que nos presenta a obra “Soutelo Enterprise”
Sinopse:
Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos:
Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Por que Anselmo ten uns gayumbos de Kevin Clain e Benito de Calvin Klain? Milucho, o alcalde de Buxo, será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o Paris Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?
Día: Sábado 25 de Novembro.
Hora: 19:30h.
Evento: Teatro
Público: Todos os públicos.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Teatrino.

Cultura, Eventos

CONTENT.1716941131

SINGLE.1716941131