10/09/2019

Reserva de espazo para instalar postos na Romaría Feminista

O DÍA 13 DE SETEMBRO FINALIZA O PRAZO DE RESERVA DE ESPAZO PARA PARTICIPAR NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA

A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal).

 Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo

  • A II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Para instalar postos na Romaría Feminista só é necesario cumprimentar as solicitudes de reserva de espazo pola Sede Electrónica do Concello.

 

  • Tamén se pode formalizar a inscrición no rexistro das dependencias municipais (Casa do Concello e Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • Outra das posibilidades para inscribirse na reserva de espazo para instalar postos é a través do Rexistro da Xunta, da Subdelegación do Goberno ou Correos.

 

  • É preciso ademais enviar unha copia do rexistro escaneada á seguinte dirección de correo electrónico: Igualdade@barbadas.gal

 

  • O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro.

 

  • Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila, segundo se recolle nas bases para a inscrición.

 

  • As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal.

 

  • BASES REGULADORAS PARA COLOCACIÓN DE POSTOS NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS

 

  • Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto fixar os criterios que rexen a autorización e a instalación dos postos temporais na II Romaría Feminista do Concello de Barbadás. O concello de Barbadás, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade organiza a II Romaría Feminista de Barbadás que ten por obxecto reflexionar sobre distintos aspectos relativos á igualdade de xénero, promocionar e visibilizar o papel da muller nas diferentes disciplinas artísticas, así como, poñer en valor todas as actividades realizadas por mulleres no eido creativo, artístico, comercial, asociativo, etc.

 

  • Data, localización e horario de ocupación. A II Romaría Feminista terá lugar o sábado 5 de outubro na área recreativa da Calzada Romana situada á beira do río, na parroquia da Valenzá (a carón do Polideportivo Municipal). O horario de ocupación autorizado será dende as 9:00h da mañá ata as 23:00h da noite do día 5 de outubro de 2019.

 

  • Condicións para instalación do posto. – Poderán poñer un posto, todas as mulleres que desexen amosar a súa actividade, podendo ser esta, de carácter artístico, artesanal, comercial, informativo ou outro que se considere acaído en relación ao obxecto da Romaría, ate completar aforo. – A montaxe e desmontaxe dos postos deberá cumprir o seguinte horario: Montaxe: De 9 a 11 da mañá do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de· Igualdade para alterar o horario establecido.  Desmontaxe: Realizarase entre as 20:00 e as 23:00 horas do 5 de outubro, salvo autorización expresa da Área de Igualdade para alterar o horario establecido.

 

  • – As mulleres que poñan un posto, deberán instalalo antes das 11h da mañá do propio día da celebración da Romaría. No caso de incumprimento desta condición, sen previa comunicación á organización, entenderase automaticamente revocada a autorización para a colocación do posto. Calquera incidencia deberá ser comunicada por escrito á organización cun mínimo de 72 horas antes da celebración do evento.

 

  • – Os postos deberán reunir as debidas condicións de estabilidade e seguridade sen que polas súas características ou modo de instalación poidan supor un risco para as persoas usuarias, viandantes ou para os bens públicos e/ou privados. O Concello non se fai responsable dos materiais, produtos ou mobiliario achegados por cada participante nin dos danos que nestes se podan xerar.

 

  • – A limpeza do espazo ocupado, así como, a recollida de residuos que se xeren como consecuencia do uso que se solicita, deberá ser asumida pola persoa titular da autorización e o lugar utilizado deberá quedar nas mesmas condicións nas que se atopou, xa que a xornada se desenvolve nun entorno natural.

 

  • – Cada posto deberá contar con algún detalle de cor lila. CUARTO. Inscrición Para poder poñer un posto é obrigatoria a inscrición. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nestas bases. A data límite para a presentación de solicitudes será o 13 de setembro de 2019. As instancias, dirixidas ó Concello de Barbadás, sita na rúa Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense), presentaranse nos rexistros de entrada ou pola Sede Electrónica do Concello de Barbadás ou por calquera das demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

  • Así mesmo, débese enviar unha copia escaneada do rexistro de entrada da solicitude ao correo igualdade@barbadas.gal antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Confirmarase a aceptación da solicitude mediante o correo electrónico aportado na instancia pola solicitante, onde se lle indicará a cada unha das inscritas o número asignado para a colocación do posto no espazo correspondente.

 

  • Normas xerais A participación cun posto na II Romaría Feminista de Barbadás supón a aceptación das presentes bases, así como, a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento da Romaría Feminista. Para calquera dúbida ou para ampliar información: Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Participación Veciñal e Sanidade Centro de Información á Muller (CIM) Barrio Fornos, 4- 32890 Barbadás Tel. 988222251 email: igualdade@barbadas.gal

 

  • En Barbadás, 26 xullo 2018
  • ANEXO I SOLICITUDE DE COLOCACIÓN DE POSTO NA II ROMARÍA FEMINISTA DE BARBADÁS PERSOA RESPONSABLE DO POSTO NOME: DNI: TELEFONO/S DE CONTACTO:
  • EMAIL NOME DA EMPRESA, ASOCIACIÓN, ENTIDADE, …:
  • MEDIDAS DO POSTO:
  • INFORMACIÓN SOBRE O POSTO
  • Tipo de material que se vai expoñer/presentar, …
  • OUTRAS OBSERVACIÓNS
  • En Barbadás, a …. de …………. de 2019.
  • Sinatura da solicitante
  • Declaro que, fun informada, nos termos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, da incorporación dos meus datos persoais ao rexistro de actividades de tratamento de datos, cuxo responsable é o Concello de Barbadás como entidade organizadora da II Romaría Feminista, e, en especial, do dereito que me asiste a exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e portabilidade respecto de tales datos, así como a retirar o meu consentimento en calquera momento e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control. En consecuencia, sendo coñecedora de tal información e dereitos, manifesto a miña conformidade para a súa efectiva incorporación ao dito rexistro.

 

Eventos, Igualdade, Novas

CONTENT.1714060495

SINGLE.1714060495