23/01/2021

Resultados do cribado covid de Barbadás: 1 caso de antíxenos e 7 positivos en PCR

OS RESULTADOS DO CRIBADO COVID EN BARBADÁS EVIDENCIA  1 CASO POSITIVO EN TEST DE ANTÍXENOS E 7 CASOS POSITIVOS EN PROBAS PCR

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirma que “é importante destacar que este resultado demostra que non hai bolsas ocultas, pero hai que seguir mantendo as restriccións e seguir tendo sentido común para cumprilas”.

Nestes momentos de alta circulación do virus, para evitar a transmisión comunitaria, se limite ao imprescindible a interacción social

  • Os resultados do cribado covid en barbadás evidencia 1 caso positivo en test de antíxenos e 7 casos positivos en probas PCR.

  • Para as probas PCR foron citadas vía SMS 1.250 persoas e acudiron 906 (participación do 72,5%).

  • Para test de antíxenos foron citadas por SMS 750 persoas e acudiron 450 (participación do 60%).

  • A porcentaxe global de participación foi do 67,8%.

  • Agradecementos ao persoal sanitario do Sergas, a persoal de Atención Primaria de Barbadás e Toén, ao Sergas, a Policía Local de Barbadás, a Protección Civil de Barbadás, a operarios municipais do polideportivo e da brigada de obras e, principalmente, a toda a cidadanía pola súa colaboración.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valora a utilidade do cribado “a efectos de recoñecer que non hai bolsas de casos ocultas e os resultados representan a realidade da situación e, polo tanto, agora o que toca para controlar o virus é manter as medidas hixiénico-sanitarias e que a cidadanía adopte todas as medidas de precaución”.

  • Á vista de que “non temos ningunha bolsa oculta de casos, agora o mais importante é conseguir que a xente non interactúe”, destaca Valcárcel e así llelo indicaron ao rexedor dende o Sergas.

  • A mostraxe recollida en Barbadás resulta axeitada e grande.

  • Os propios datos do cribado e os da evolución diaria dos casos activos de coronavirus en Barbadás trasladados a datos por 100.000 reflexan exactamente a situación do concello a día de hoxe: 700 casos por 100.000 habitantes.

  • Nestes momentos de alta circulación do vírus, “para evitar a transmisión comunitaria, é fundamental que se limite ao imprescindible a interacción social”, destaca o alcalde de Barbadás.

  • Os datos finais do cribado supoñen “un resultado bo porque creo que é un reflexo do que actualmente hai en Barbadás, son 700 casos por 100.000 habitantes, unha incidencia elevada, pero controlada”.

  • Valcárcel sinala que “é importante destacar que este resultado demostra que non hai bolsas ocultas, pero hai que seguir mantendo as restriccións e seguir tendo sentido común para cumprilas”.

Novas

CONTENT.1713496090

SINGLE.1713496090