08/09/2022
Resumo da actividade de brigada de extinción prevención e vehículo autobomba de Barbadás
A BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS DE BARBADÁS INTERVEU EN 5 INCENDIOS FORESTAIS DO DISTRITO 12
Os operarios levaron a cabo tarefas de prevención na zona de Sobrado do Bispo
- “A situación de seca e as altas temperaturas están a causar importantes lumes en todo o país. O Concello de Barbadás non é alleo a esta grave problemática e somos conscientes da necesidade de que todas as administración traballen xuntas para evitar esta lacra”, argumenta o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, ao presentar o resumo de actividade da brigada forestal.
- “Por estes motivos decidimos crear unha brigada forestal que ademais de traballar en sufocar lumes, tamén se adica a traballar de xeito prioritario na prevención”, explica Valcárcel.
- A brigada municipal de incendios de Barbadás ao longo do mes de agosto interveu en 5 incendios forestais do distrito 12.
- Os operarios participaron na extinción de 2 incendios en A Bergueira (Amoeiro), 1 en San Paio (A Merca),1 en Madarnás (Cartelle) outro en Montós (Vilamarín).
- Ao longo do mes de agosto a brigada municipal de Barbadás realizou ademais actividades de prevención e desbroce no pobo de Sobrado do Bispo,
- Así mesmo, o camión autobomba de Barbadás foi mobilizado para un total de tres incendios nos Concellos de Pereiro de Guiar, Toén e Vilamarín.
- A creación de unha brigada de extinción de incendios e de prevención de Barbadás e a contratación de 2 condutores de autobomba enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e o Concello en base a un plan de prevención e defensa contra os incendios.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “somos conscientes das dificultades que tiveron outros concellos da provincia para efectivizar unha brigada de incendios e posta a disposición de vehículo autobomba, o Concello de Barbadás realizou un importante esforzo para dispoñer de un servizo composto por 5 operarios correspondentes á brigada e 2 choferes para a motobomba” e execútanse tratamentos preventivos de xeito mecanizado en un total de 24 hectáreas”.