06/07/2022

Reunión do subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Barbadás

O encontro versou sobre proxectos de interese para Barbadás

O ALCALDE DE BARBADÁS, XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL, PLANTEXA AO SUBDELEGADO DO GOBERNO, EMILIO GONZÁLEZ AFONSO, A CREACIÓN DE UN POSTO DA GARDA CIVIL NO MUNICIPIO

O encontro entre o subdelegado e o rexedor evidenciou a necesidade de financiación para outros proxectos de interese para Barbadás

  • Esta mañá tivo lugar en Ourense unha reunión coa presenza do subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde, Victoria Morenza, para abordar asuntos de interese para o concello.

 

  • O rexedor de Barbadás plantexou ao Subdelegado do Goberno a creación de un posto da garda civil no municipio, unha dotación que melloraría a seguridade na zona.

 

  • Outro dos proxectos sobre os que existe interese por parte do goberno municipal de Barbadás pasa por acometer unha intervención integral de humanización da avenida de Celanova, toda vez que recentemente se procedeu á rexeneración do firme da arteria principal da Valenzá.

 

  • Tamén se puxo en evidencia nesta reunión de traballo a ampliación da plantilla da policía local debido ao incremento poboacional dos últimos anos.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel plantexoulle a Emilio González Afonso a evolución de Barbadás nos últimos anos, nos que se produciu non só un incremento demográfico senón tamén unha dispersión do ámbito de actuación dos efectivos da policía.

 

  • Valcárcel incidiu tamén na importancia de implementar a difusión do potencial do concello de Barbadás nos ámbitos do turismo e da riqueza natural. Un exemplo da potencialidade turística e natural de Barbadás é a zona natural do Pisco e o roteiro que o engloba, dende a Valenzá ata a coñecida fervenza.

 

  • O rexedor recalcou a importancia de que o Estado se implique no financiamento de un proxecto presentado hai uns días, que consiste na habilitación de un roteiro neste camiño e a creación, perfectamente mimetizados co entorno, de elementos que potencien a fervenza do Pisco e o camiño que conduce a este senlleiro lugar do municipio.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel abordou tamén a necesidade de reformar a antiga escola de Sobrado, como eixe vertebrador do pobo, e tamén de establecer como prioritaria a instalación de fibra óptica nos núcleos de Barxa e Pista de San Bieito, en San Lourenzo de Piñor.

 

  • Finalmente, a tenente alcalde, Victoria Morenza, abordou a importancia da figura de Carmen Martín Gaite e a súa vinculación con Barbadás, especialmente con San Lourenzo de Piñor, pobo que aparece reflectido en 3 das súas obras literarias.

 

  • Morenza plantexou a posibilidade de que o Estado, a través do Ministerio de Cultura, colabore coa posta en marcha do Plan Director para lanzar a potenciación e vinculación de Martín Gaite con Barbadás e con Galicia, a través da creación de roteiros literarios e mellora e humanización do entorno no que viviu numerosos veráns a ilustre escritora.

 

  • Falouse da proximidade do centenario do nacemento da escritora para establecer de un xeito intenso esta colaboración entre o Estado e o Concello de Barbadás.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713856938

SINGLE.1713856938