16/10/2018

Romance de Micomicón e Adhelala

Non si? Teatro

Un príncipe xigante, unha raíña histérica, un feitizo e moito máis nunha farsa de 50 minutos para todos os públicos.

 

SINOPSE: Trapalandia é un reino estrafalario gobernado por unha raíña histérica nun palacio a piques de derrubar polas arroutadas de Micomicón, un príncipe xigante por mor dunha maldición. Entre tanta tolemia vive Adhelala, unha princesa cativa que posúe a sabeduría e o valor para cambiar as cousas. Só ela coñece a orixe do mal do príncipe e o feitizo para curalo.

 

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Domingo, 21 de outubro

Hora: Ás 19 h

Entrada: Libre, ata completar aforo

Cultura, Eventos

CONTENT.1713526681

SINGLE.1713526681