30/12/2021

Roteiro de patinadores/as, skaters e scooters en Barbadás

ROLLER OURENSE ORGANIZA UN ROTEIRO NOCTURNO QUE TRANSCORRERÁ POLA VALENZÁ

Patinadores,/as skater e scooters poderán participar nesta ruta de luces pre-fin de ano

O obxectivo é disfrutar de un paseo sobre rodas para despedir o ano e rendir homenaxe a Manuel Montes, patinador impulsor do patinaxe en liña na cidade de Ourense

 

  • Un ano máis, Roller Ourense organiza o roteiro nocturno das luces con motivo de PreFin de ano e en homenaxe a Manuel Montes (patinador impulsor da patinaxe en liña na cidade de Ourense falecido hai 2 anos).

 

  • O obxectivo principal deste roteiro, é poder gozar dun paseo como unha seda para despedir este ano atípico e render homenaxe ao noso compañeiro.

 

  • Beneficiarios/ as: patinadores/as, skaters e scooters desde calquera idade que teñan autonomía na patinaxe (saiban frear e patinar con control). Se alguén non soubese deberá ir acompañado dun adult@ (os niñ@ s pequeñ@ s tamén deberán ir acompañados).

 

  • Material necesario e obrigatorio: casco, xeonlleiras, coderas e muñequeras (os scooters non terán que levar muñequeras). Máscara e luces (válido rodas de luces, bandas reflectoras, luces leds…)

 

  • Cada participante deberá levar unha bolsita de gusanitos para a toma das “badaladas”. Ao final do percorrido patinaremos pola zona e tomaremos as 12 badaladas e con separación entre os asistentes.

 

  • Horario de 17:00 a 19:00 h

 

  • Percorrido: Saída do parque dos patos – Paseo á beira do río Barbaña – Cruce con Travesía Tomás Rodríguez Punxín – Paso a Rúa Regacho dous Muíños – Rúa Calzada Romana – Fin en Polideportivo Barbadás. Asistencia de Protección Civil desde o cruzamento con Travesía Tomás Rodríguez Punxín para o corte do tráfico ao noso paso.

 

  • Corte de tráfico desde o cruzamento de Rúa de Salgueiriños con Rúa calzada Romana, ata Polideportivo Barbadás mentres dura a actividade.

 

  • O Concello de Barbadás colabora nesta actividade deportiva e de ocio.

 

 

Campaña de Nadal, Deportes, Novas

28/12/2024

Visita dos Reis Magos a Barbadás

Os días 2 e 3 de xaneiro de 2025

10/12/2024

Barbadás acolle un taller de elaboración de instrumentos musicais de Nadal para os máis pequenos

10/12/2024

TEATRO: “MOLTO BARROCO” de Píscore Teatro

Teatro Molto Barroco. 13.12.2024 en Barbadás

13.decembro.2024 ás 19 h na Casa da Cultura Manuel María

CONTENT.1770464014

SINGLE.1770464014