15/12/2022

Ruleta de Nadal en Barbadás: merca, xoga e gaña no comercio local

Dende o 16 de decembro ata o 5 de xaneiro

A RULETA DE NADAL ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN COMERCIO ABERTO DA VALENZÁ REPARTIRÁ PREMIOS DIRECTOS E OFRECERÁ UN CRUCEIRO PARA DÚAS PERSOAS

Este evento, que conta coa colaboración do Concello de Barbadás, pretende dinamizar o comercio local de Barbadás

Este mediodía presentouse na Valenzá “A Ruleta do Nadal”, un evento do comercio local de Barbadás. Na presentación estiveron Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Marga Pérez, concelleira de Comercio, Alejandra Rodríguez, presidenta da Asociación Comercio Aberto da Valenzá e Edwin Astudillo, de Librería Valenzá.

 

Compra, xoga e gaña premios directos na ruleta. Ademais todos os participantes entran no sorteo dunha viaxe en cruceiro para dúas persoas.

 

Polas compras superiores a 20€ nos establecementos colaboradores terá dereito a tirar da ruleta e GAÑAR PREMIOS DIRECTOS.

 

Acumula tickets de compra dende o 16 de decembro ata o 5 de xaneiro para participar nun sorteo dun CRUCEIRO PARA DÚAS PERSOAS.

 

Os establecementos colaboradores proporcionarán sobres para que garden os tickets, nos que deberase escribir os datos do participante (nome, apelidos e teléfono).

 

Os sobres deberán conter mínimo 10 tickets para entrar no sorteo.

 

A urna estará colocada a altura do número 84 da Avda. De Celanova diante da inmobiliaria Roma’s .

 

O sorteo realizarase o día 7 de xaneiro as 13:00h nesa mesma localización.

 

Os establecementos colaboradores son:

– Calzados Zocos

– Calviño

– Gaia Contigo

– Librería A Valenzá

– OrenÓptica

– Elma

– Mimí

– Twins Men

– Twins

– La Cigüeña

– Golosiño’s

– Ohana baby&deco

– Toffee Glass

– Idunna Estética

– Bel Moda

Declaracións de Marga Pérez, concelleira de Comerciopresentamos hoxe unha iniciativa, unha campaña nova da asociación de comerciante do comercio aberto da Valenzá, que coma as que se viñeron desenvolvendo en ocasións anteriores, que o que pretende é poñer o foco no comercio local, no comercio de proximidade e mostrar as alternativas que temos en canto a produtos, variedade de comercios e as posibilidades que temos todos de facer as nosas compras de Nadal no comercio da Valenzá.

Por outra banda tamén esta campaña o que pretende é fidelizar os clientes ofrecendo agasallos de forma directa a todas as persoas que merquen nestes días no comercio local. Nos como concello estamos a carón deles coma sempre para apoialos en todas estas iniciativas e desexando que sexa un éxito e recollan os frutos por ese gan traballo que fan día a día abrido as súas portas e mostrando todos os produtos que eles ofrecen.

 

Declaración de Alejandra Rodríguez, presidenta do Centro Comercial Aberto da Valenzá:

Unha vez máis dende o comercio local de Barbadás e dende a Asociación de Comerciantes da Valenzá pretendemos fidelizar os nosos clientes esta vez nesta campaña agasallándoos con unha serie de premios polas súas compras realizadas dentro dos locais participantes da asociación. Desde compras de 20€ poderán tirar a unha ruleta que cada día vai estar establecida nos negocios que participan e que pertencen a Asociación de Comerciantes da Valenzá e como premio final será un cruceiro para dúas persoas e o día 7 realizarase o sorteoa altura do número 84 da Avda. De Celanova diante da inmobiliaria Roma’s”

 

Declaracións de Xose Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás:

Bo día, como ben dixeron Alejandra e Marga a Concelleira de Comercio, esta é unha iniciativa máis da Asociación do Comercio Aberto de Barbadás pola que aposta tamén o concello coa súa colaboración.

O comercio local en Barbadás é a mellor alternativa para o que son as grandes superficies, é un comercio de proximidade, é un comercio de calidade, é un comercio que asesora e aconsella os compradores e as compradoras, e polo tanto é  unha aposta segura pola calidade e polo bo produto.

Polo tanto, dada esa relevancia que ten a efectos de público e de cliente consideramos que é a mellor alternativa e desde logo que que é unha forma de colaborar tamén ca posta en valor do noso comercio e do noso tecido empresarial que en Barbadás está centrado no pequeno comercio.

Apostamos por ese comercio e convidamos a todos os veciños e veciñas a mercar no comercio local tendo presente nesta ocasión son premios directos que se obteñen no momento en que se fai a compra.”

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1711698182

SINGLE.1711698182