O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual. O servizo de axuda no fogar poderá prestarse, a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.
-Documentación:
-Fotocopia do D.N.I. de tódolos membros da unidade familiar.
-Certificado médico
-Xustificante de ingresos económicos de toda a unidade familiar
-Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou Tarxeta de asistencia sanitaria.
-Normativa:
-Ordenanza Municipal Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, BOP nº 286 do 14/12/2013
-Ordenanza Fiscal Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar, BOP nº 179 do 6/8/2020