03/11/2022
Sala de Exposicións da Casa da Cultura
Cartel da Exposición Disconformes
Este venres 4 de novembro ás 20h. inauguramos unha nova exposición, trátase da pintora ANA FERREIRO que presenta a mostra pictórica “Disconformes” que permanecerá aberta para todos os públicos ata o 10 de decembro.
Este traballo está composto por 18 retratos de mulleres que deixaron a súa pegada na historia: escritoras como Rosalía de Castro, pintoras como Frida Kalho o políticas como Eva Perón.
Esta mostra participa dentro do Programa do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que organiza a Concellaría de Igualdade do noso municipio.
Inauguración: Venres 4 de Novembro ás 20h.
Horario de visitas da Exposición:
de luns a venres de 8:30h. a 14:30h. e de 16h. a 20h.
Ata o 10 de Decembro.
Organiza: Concellaría de Cultura e de Igualdade do Concello de Barbadás.