05/09/2022

Sala Manuel María

Cartel Tantos anos de silencio

O próximo domingo 11 de setembro, ás 19:30h. teremos con nós ao grupo de Teatro ESTETA de Taboadela coa obra “Tantos anos de silencio”, será na Sala Manuel María de Barbadás (A Valenzá).
Sinopse:
Ánxela acepta dirixir unha excavavión nunhas fosas comúns da Guerra Civil no pazo de Flavia, en Galiza, onde según a memoria colectiva produxéronse torturas e múltiples execucións.
Ao abrir as fosas, Ánxela e o seu equipo encontrar os restos de seis persoas asasinadas. Pero, ademáis, no mesmos espazo, algo apartado, aparece tamén o esqueleto perfectamente conservado dunha muller con un libro.
Como morreu esa muller? Quen era? Que secretos oculta o actual propietario do pazo, o exmililar Darío Rocha? A resposta desvélase nunha representación que alterna a investigación no presente de Ánxela – que á súa vez fuxe da devastadora experiencia dun matrimonio marcado polos malos tratos e a violencia – e a suceción de feitos que tiveron lugar no pazo en 1936.
A mestra Beatriz Varela e a súa filla Ana aplicar nesa época os ideais da Istitución Libre de Ensinanza nas terras de Flavia co ánimo de cambialo todo, ofrecendo ao seu pobo o acceso á educación e á esperanza.
En Tantos Anos de silencio recórdase unha época de escuridade, de vergoña, de paseos na madrugada e tiros nas cunetas, pero tamén de loita por unha vida mellor. Unha montaxe que recupera parte da nosa historia e nos fai pensar en como puido ser vivir naquela época.
Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).
Xénero: Teatro.
Público: Recomendado a partir dos 12 anos en adiante.
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1733806723

SINGLE.1733806723