17/09/2023

“SOÑOS”. Teatro na Casa de Cultura Manuel María

O domingo 24 de Setembro, ás 19:30h

O próximo domingo 24 de Setembro, ás 19:30h. actuación teatral a cargo de Igaxes, Artefeito e Culturactiva que presentan a obra SOÑOS
Sinopse:
Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.
Soños é unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil.
Soños é unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade tutelada de xeito integral cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.
  • Tipo de espectáculo: Adulto, a partir dos 14 anos en adiante.
  • Entrada con invitación, poden recollerse a partir do luns 18 de setembro, na Casa da Cultura Manuel María | Barbadás
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1743143388

SINGLE.1743143388