26/10/2021
Samaín en Barbadás: pasaxe do terror e festa infantil
O venres, 29 de outubro, na Casa da Mocidade e no Parque da Solaina

PASAXE DO TERROR NA CASA DA MOCIDADE E FESTA INFANTIL NA SOLAINA COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE BARBADÁS PARA SAMAÍN O DÍA 29 DE OUTUBRO
Barbadás ofrecerá unha programación “terrorífica” para Samaín
- A Casa da Mocidade será escenario de un pasaxe do terror, o venres 29 de outubro a partir das 19,30 horas ata as 22,30h.
- O concerto do terror e o pasaxe terrorífico só é apto para “persoas ousadas e pouco medrosas e está dirixido á mocidade maior de 12 anos.
- O itinerario do terror estará repleto de sorpresas e para participar é preciso realizar a correspondente reserva na Casa da Mocidade de Barbadás, na rúa dos Diestros, 2, A Valenzá ou a través da plataforma Woutick.es.
- O túnel do terror será visitado por grupos reducidos e con aforo limitado, con cita previa. Haberá tamén ambientación musical en directo para acadar un maior impacto.
Festa infantil
- Outra proposta lúdica desenrolarase no parque da Solaina a partir das 18,30 horas o espectáculo “O legado de Tibu”.
- A festa infantil do terror na Solaina está dirixida a todos os públicos, coa presenza de acróbatas, personaxes fantásticos, patinadoras e moitas sorpresas.
- En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan, a festa celebrarase no patio do Filomena Dato.
- Na festa infantil haberá “merenda saudable” para todos/as nenos/as disfrazados/as que acudan a este encontro “terrorífico”.