24/08/2020

Sarabela Teatro no Programa de Verán

Xoves 27 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá, actuación do grupo teatral SARABELA TEATRO co espectáculo “Crónicas do Paraíso”, este espectáculo forma parte da Rede REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que este ano excepcionalmente poden programarse  espectáculos na rúa por culpa do Coronavirus.

Sinopse:

Madame de Nancy, Clarina e Xan Dorne viaxan cara ao funeral de Madame de Quelven acompañados polo clérigo Sochantre. Durante a noite que pasan xuntos confúndese a morte coa vida e o drama coa comedia.

 O funeral de Madame de Quelven contextualiza un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, sexo, diñeiro e sangue. Ao ritmo do blues o crime compensa, porque o diñeiro compra todo, incluso a propia morte. Nas “Crónicas do Paraíso” ninguén morre, quizais porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido, o poderoso, o socialmente envexado, ese, siga eternamente vivo. Descubrimos que todos son culpables criminosos protexidos, integrados e admirados por unha realidade social que exalta a beatitude do poder económico.

A forza do capital, da igrexa e do negocio escuro colocan aos personaxes nunha situación irónica entre vida e morte na que a eternidade acaba por afirmarse como a máis pura recompensa da impunidade xudicial.

Xénero: Teatro

Público: Todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura e REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714003425

SINGLE.1714003425