CONTENT-CAT.1728861286

Campus de Verán ´Os patos´. Programa Respiro Familiar 2022

27/05/2022

Campus de Verán ´Os patos´. Programa Respiro Familiar 2022

A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás convoca o Campus´Os Patos´do Programa Respiro Familiar 2022.

O campus “Os patos”, unha actividade lúdica é o tempo formativa e que terá lugar durante as vacacións de verán dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.

Os contidos son principalmente educativos e deportivos, promovendo o xogo e a actividade física como medio.

PRAZAS

O campus terá un total de 10 quendas, cada quenda dunha semana de duración.
O número de prazas por quenda é de 20 participantes, esto é un total de 200 prazas en todo o verán.
Poderánse solicitar ata 4 quendas por orden de prioridade. Os solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación, azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas.

REQUISITOS DE ACCESO

A idade mínima para participar será de 6 anos que os participantes terán que ter cumpridos antes do inicio da quenda correspondente. A idade máxima para participar será de 12 anos.
Terán prioridade os/as participantes empadroados no concello.
Os solicitantes poderán participar ata en catro quendas, que poden solicitar por orde de prioridade. catro (Con todo, antes de conceder a segunda, terceira e cuarta quenda, darase prioridade a quen non participase en ningunha destas).

Dificultade media-alta obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.

PREZO: 20€

Ver bases completas:   Bases reguladoras Campus ´Os Patos´ 2022

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 1 ao 10 de xuño de 2022.

Anexo 1 Quendas/Programas

Anexo 2 Solicitude individual Campus ´Os patos´

Máis información:

Casa da Mocidade

Rúa Os Diestros, 2

32002 A Valenzá (Barbadás)

Tel. 988000234 (horario de atención de 8.30  a 14.30 h.)

E-mail: xuventude@barbadas.es

 

 

CONTENT-CAT.1728861286

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

22/06/2021

Programación de ocio para os meses de xullo e agosto dirixida a todos os públicos

Actividades lúdicas, culturais e de ocio en Barbadás

BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS E DE OCIO DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS

As concellerías de Cultura, Mocidade, Deportes e Igualdade realizaron unha planificación que abrangue actividades para todas as idades

Teatro, concertos, talleres de graffiti, clases de patinaxe na pista de skate, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, master class de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así coma cinema conforman a oferta de ocio en Barbadás durante os meses de xullo e agosto

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentou esta mañá, cando se fixo público o programa cultural de Barbadás para este verán, que “estas son unhas datas que para nós son moi especiais, xa que aparte da cultura en si mesma é fundamental o espazo onde van ter lugar as actuacións culturais deste verán. O Parque dos Patos é un lugar de encontro para as familias onde saben perfectamente todos os xoves dos meses de verán, día en que terán unha cita para os/as cativos/as e as familias”.

 

  • Este ano baixo o título de “Olla a Cultura presentamos un programa que agardamos sexa do gusto de todas as persoas que acudan, xa que tivemos en conta todo tipo de espectáculos: teatro, acrobacias, música, humor, etc”.

 

  • A programación cultural está “dirixida a un público familiar, para que gocen da cultura, pasen un momento agradable, de convivencia agora que xa temos unhas normas menos restritivas en canto á Covid-19, e podemos xa estar un pouco mais próximos que é o que seguro nos apetece a todas as persoas nestes momentos”.

 

  • Comezaremos este programa cultural este xoves con unha obra de teatro a cargo de “Ghadafelhos” que estará dirixida ao público infantil, en colaboración coa Consellería de Igualdade.

 

  • O Venres 25, tamén promovido pola Consellería de Igualdade, enmarcadas ambas no Día do Orgullo LGTBI, está programado o gran espectáculo do grupo Broken Peach ás 20:30 horas.

 

  • Os vindeiros martes 29 de xuño e mércores 30 de xuño gozaremos cos concertos das bandas de música da Escola de Barbadás, tanto infantil como xuvenil.

 

  • O xoves día 1 de xullo volverá a deleitar ao público o grupo Ghadafelhos con outro espectáculo novo: “Monstros no camiño” e así todos os xoves de cada mes ata chegar o último xoves de agosto que remataremos con unha noite de cinema coa proxección da película “Cuñados”.

 

  • Marga Pérez invitou “á veciñanza a que acuda a gozar da cultura e convivencia neste fermoso espazo como é o Parque dos Patos, na Valenzá”.

 

  • O concelleiro de Deportes e Mocidade, Abel Cortés, destacou que “o programa de verán da Casa da Mocidade é algo novo de este ano dado que foi unha instalación que se puxo en funcionamento a principios de ano”.

 

  • Na planificación de actividades “haberá dúas temáticas diferenciadas, unha no mes de xullo adicado á Cultura Urbana e outra no mes de agosto, o mes do Deporte”.

 

  • Os espazos nos que se realizarán as diferentes actividades estará centralizado na Casa da Mocidade, pero tamén habilitaranse outro espazos como son: pista de skate, pistas de pádel do Polideportivo ou espazos ao aire libre no que terán lugar os diferentes concertos.

 

  • “A finalidade desta programación de dinamización é ofrecerlle á mocidade do concello un espazo onde realizar actividades de ocio e tempo libre á mocidade e principalmente a partir de 12 anos en adiante, xa que ata os 12 anos teñen outro tipo de actividades como os diferentes campamentos de verán , uns orientados ao ocio e tempo libre e outros con un carácter lúdico-deportivo, que se desenrolarán en espazos como a piscina e locais sociais do Concello.

 

  • Polo que durante todo o verán toda a mocidade do concello poderá levar a cabo diferentes actividades durante todos as semanas durante os meses de xullo e agosto.

 

  • O Campus “Respira Familiar” tamén se engloba nestas actividades da área da Mocidade, no que se ofertan unha grande cantidade de prazas para a mocidade do concello, neste caso de 6 a 12 anos.

 

  • Actividades da Concellería de Mocidade: o 2 de xullo haberá un concerto de hip hop no parque exterior da Casa da Mocidade. O 8 de xullo nesta mesma instalación está programado un taller de graffiti. Os venres 16 e 23 de xullo na pista de skate haberá clases de patinaxe agresiva.

 

  • Está previsto un taller de coaching emocional os martes e xoves do 12 ao 22 de xullo na Casa da Mocidade. Planificouse un curso básico de DJ o xoves 22 de xullo.

 

  • Durante agosto, mes centrado no deporte, celebrarase un torneo amistoso de futbolín, xogos populares, e torneos de billar e padbol. O 28 de agosto está prevista unha master class de iniciación ao boxeo e de ioga e zumba. O 1 de outubro programouse unha charla de ciberseguridade impartida pola Garda Civil.

 

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, destacou as actividades promovidas a través do Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • O obxectivo “é promover de unha maneira lúdica e amena os principios de igualdade, prevención da violencia de xénero, así como de visibilización de diversidade LGTBI”.

 

  • O día 25 de xuño ás 12 do mediodía procederase á entrega de premios do concurso infantil de debuxos titulado “Que é para ti a  diversidade” na biblioteca municipal.

 

  • As actividades culturais de “Iriña bailarina” e a actuación de Broken Peach enmárcanse na celebración do Día do Orgullo LGTBI.

 

  • Cabe lembrar que a Concellería de Educación organizou un programa de actividades enmarcadas no “Concilia Barbadás” e a Concellería de Deportes oferta o campus lúdico-educativo “Respiro familiar”, cuxa inscrición está aberta ata o venres.

     

CONTENT-CAT.1728861286

Programación de verán en Barbadás

23/06/2022

Programación de verán en Barbadás

Música, maxia, teatro, circo, cine, grafitti, skate....

MÚSICA, MAXIA, TEATRO, CIRCO, CINE, GRAFFITI, SKATE,ACTIVIDADES LÚDICAS, DEPORTIVAS E DIDÁCTICAS COMPOÑEN O PROGRAMA DE VERÁN EN BARBADÁS

O concerto de Guezos, hoxe ás 21,30h, no Parque Dos Patos dá comezo ao programa do verán cultural, lúdico e de ocio do Verán Cultural Barbadás 2022

Hoxe, tivo lugar a presentación do programa Verán Cultural Barbadás 2022, cun amplo abano de actividades culturais, lúdicas, artísticas, deportivas, que se desenvolverán na época estival no noso concello.

  • Marga Pérez, concelleira de Cultura, destacou que “temos unha cita importante coa programación cultural ao longo de todo o verán, un punto de encontro entre amigos/as e familias. Este ano aumentouse a oferta cultural e lúdica, así como o orzamento destinado a este tipo de actividades caracterizadas pola variedade na oferta”.

 

  • Abel Pérez, concelleiro de Deportes e Mocidade, sinalou a importancia de ofrecer un amplo abano de actividades dirixidas aos/ás máis xóvenes: grafitti, DJ, hip hop, skate, charlas, etcétera compoñen a oferta para a mocidade.

 

  • Elisabet González, concelleira de Igualdade, destacou a presenza hoxe de Guezos no Parque dos Patos, nun concerto enmarcado Pacto de Estado contra a violencia de xénero e pola Casa da Mocidade.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que “a programación do verán cultural de Barbadás convertiuse durante a pandemia nunha referencia para toda a contorna”.

 

P R O G R A M A     C U L T U R A L

Actuacións no  Parque dos Patos (A Valenzá)

  • Xoves 23 de xuño ás 21:30 h. Guezos en concerto.
  • Mércoles 29 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Infantil da Escola de Música de Barbadás.
  • Xoves 30 de xuño ás 21 h. Concerto da Banda de Música Xuvenil da Escola de Música de Barbadás.
  • Xoves 7 de xullo ás 21 h. Actuación de Tanito e Máxico Brais co espectáculo «Circo Menudo….Menudo Circo» (Maxia).
  • Xoves 14 de xullo ás 21 h. Actuación de Culturactiva Produccións co espectáculo «Desconcerto» (Teatro)
  • Xoves 21 de xullo ás 21 h. Actuación do mago Dani García co espectáculo «Tin» (Maxia)
  • Xoves 28 de xullo ás 21 h. Actuación de Teatro ó Cubo con el espectáculo «Ghop» (Teatro/Circo)
  • Xoves 4 de agosto ás 21 h. Concerto do grupo En Mala Hora.
  • Xoves 11 de agosto ás 21 h. Actuación de Cia Vaya co espectáculo «Vertical Boom» (Circo)
  • Xoves 18 de agosto ás 21 h. Actuación de Xarope Tulú co espectáculo «Rilla Rilla» (Teatro)
  • Xoves 25 de agosto ás 22 h. Noite de cinema coa proxección de la película «Valentina»

 ___

P R O G R A M A      M O C I D A D E

A Casa da Mocidade ofrecerá tamén unha ampla programación de actividades:

  • A segunda edición de BARBADÁS TEN RIMA! terá lugar o venres 1 de xullo na Praza Vermella, diante da Casa da Mocidade.
    Este festival de Cultura urbana abrangue varias actividades:

    • 17:00 h. “ I Batalla de Galos” Edición Barbadás ten rima!
    • 20:30 h. Arte Graffitti: IDOIA DE LUXÁN / DAFER PLANET
    • 20:30 h. En Concerto: RUSSO / HOMBRE-P / ALFRE096 + KID MOUNT + WILSON

 

  • Ao longo do mes de xullo terá lugar unha actividade que mestura deporte e ocio relacionada co “SKATE STREET” (Modalidades de Skate, Scooter e Patíns:
    • Primeira quenda: días 1, 6 e 8 de xullo
    • Segunda quenda: días 20, 22, 27 e 29 de xullo
      Con 20 participantes por quenda en horario de 11h. A 13h.

 

  • A programación da Casa da Mocidade inclúe tamén un OBRADOIRO GRAFFITI o xoves 7 de xullo, con clases de Graffiti para 20 participantes.

 

  • Os días 14 e 21 de xullo (dúas quendas en horario de 12:00 a 14:00 h) está previsto un obradoiro de DJ, con un máximo de 15 participantes por día.

 

  • CHARLAS :
    • Mércores 13 de xullo: “Queréndome e coidándome”: Prevención dos trastornos de alimentación.
    • Mércores 20 de Xullo: “Tips para detectar relacións tóxicas”: Prevención da violencia de xénero e outras problemáticas nas relacións sociais. Estas charlas están dirixidas a todos os públicos. 988 000 234. xuventude@barbadas.es

 

  • Outra actividade deportiva e de ocio será o Campus de Verán ‘Os Patos’, do Programa Respiro familiar 2022.
    A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás convoca o Campus de Verán “Os Patos”, unha actividade lúdica é o tempo formativa e que terá lugar durante as vacacións de verán dirixida aos nenos e nenas do Concello de Barbadás.
    Estará dividido en 10 quendas dunha semana de duración, do 27 de xuño ao 2 de setembro,  nas piscinas municipais .
    Un total de 200 prazas para nenos/as de 6 a 12 anos.
    O campus “Os Patos” inclúe xogos acuáticos, actividades recreativas, manualidades, deporte e natureza.
    Os/as solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación, azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas.

    • Programa Azul: manualidades. Natureza, xogos de mesa, cociña e festa.
    • Programa Verde: arte, primeiros auxilios e salvamento, xogos populares, cociña e festa. Dificultade media-alta; obrigatorio saber nadar e/ou ter capacidade de flotación.
      PREZO: 20€

Máis información e inscricións nas Actividades de Mocidade

Casa da Mocidade
Rúa Os Diestros, 2 A Valenzá (Barbadás)
Tel. 988 000 234. xuventude@barbadas.es 
Instagram: mocidade_barbadas

_____

P R O G R A M A    E D U C A C I Ó N

  • Outra oferta lúdica son os Campamentos “Barbadás Concilia Verán 2022”, organizados pola Concellería de Educación para nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 – 2018. Estes campamentos celebraranse entre 4 de xullo e o 30 de agosto, organizados por quincenas.
    • 1º quincena de xullo (4 – 15 de xullo), 107 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
      • Bentraces
    • 2º quincena de xullo (18 – 29 de xullo), 100 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
    • 1º quincena de agosto (1 – 12 de agosto),  50 nenos/as aprox.
      • Espazo infantil A Solaina –  A Valenzá (dous grupos)
      • As Lamas
      • Barbadás
      • Sobrado do Bispo
      • Piñor
    • 2º quincena de agosto (16 – 30 de agosto), 36 nenos/as aprox.:
      • Espazo infantil  A Solaina – A Valenzá (dous grupos)
      • Barbadás

 

Máis información e inscricións Actividades de Educación e Cultura

Casa da Cultura Manuel María
Rúa San Bernabé, 37, A Valenzá (Barbadás)
Tel.  988 246 885. educacion@barbadas.es

1655988245505 714.83 KB

CONTENT-CAT.1728861286

SEARCH.PAGE.1728861286