14/02/2019
Segunda edición do Evento do stock e oportunidades
O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA QUE OS ESTABLECMENTOS COMERCIAIS PARTICIPEN NA SEGUNDA EDICIÓN DO “EVENTO DO STOCK E OPORTUNIDADES”
- Este evento está organizado polo Concello de Barbadás e pretende crear un punto de encontro onde comercios polo miúdo de distintas actividades comerciais, poidan ofrecer artigos de alta calidade a prezos de oportunidade aos consumidores.
- O “Evento do stock e oportunidades” celebrarase no Polideportivo municipal, os días 16 e 17 de marzo, no seguinte horario: de 11 a 14 horas e de 16:30 a 21 horas (sábado). Salvo o domingo 17 que o recinto pecharás ás 20:30 horas.
- Poderán solicitar a súa participación no devandito evento todas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
– Estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas nalgún dos epígrafes comprendidos no sector de comercio.
– Ter establecemento aberto ao público e estar en posesión da licenza municipal correspondente ou tenda online legalmente constituída.
– Poñer á venda os produtos propios do seu establecemento a un prezo ou nunhas condicións máis vantaxosas para os consumidores, quedando á elección do propietario/a de o comercio a porcentaxe de desconto ou oferta que aplica.
– Para participar no evento terán preferencia as empresas radicadas no concello de Barbadás, quedando dispoñibles no caso de que houbera espazos libres para outras empresas da provincia de Ourense que rexistrasen a súa solicitude. A adxudicación neste caso farase por rigoroso orde de entrada no rexistro.