19/09/2021

Semana da Mobilidade en Barbadás

Terceira semana de setembro'2021

2021-Semana da Mobilidade en Barbadás

BARBADÁS CENTRA A SEMANA DA MOBILIDADE EN ACTIVIDADES COMA O CIRCUÍTO VIARIO E UNHA CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN

Alumnado dos colexios de Barbadás participarán nunha charla a cargo de COGAMI  sobre os inconvenientes das persoas con mobilidade reducida

O colexio O Ruxidoiro acolle un circuíto viario o luns 20 de setembro

  • A Semana da Mobilidade en Barbadás terá como actividades a montaxe de un circuíto viario e charlas informativas.

 

  • O luns 20 de setembro o alumnado de Primaria do colexio O Ruxidoiro participarán nun circuíto de seguridade vial, unha actividade organizada pola Concellería de Educación de Barbadás.

 

  • Os/as escolares poderán levar ao colexio bicicletas, patíns, patinetes e monopatíns (excepto vehículos motorizados).

 

  • O alumnado transportado poderá levar estes medios de transporte no autobús, en tanto que para o resto do alumnado habilitaranse zonas polas portas de entrada habituais ao seu curso.

 

  • O martes 21 de setembro tamén no colexio O Ruxidoiro terá lugar unha charla a cargo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) co título “Ponte no meu lugar”.

 

  • O obxectivo de esta charla é sensibilizar ao alumnado sobre os problemas aos que se enfrontan as persoas con mobilidade reducida.

 

  • Esta charla repetirase o mércores 22 de setembro no CEIP Filomena Dato.

 

  • A Semana da Mobilidade de Barbadás conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico e COGAMI.

 2021-Banner Semana da Mobilidade en Barbadás

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1679492540

SINGLE.1679492540