18/09/2018

Semana da Mobilidade en Barbadás

PROBAS DE HABILIDADE CRONOMETRADA, UNHA CARPA OBRADOIRO DE INFORMACIÓN E REPARACIÓN DE BICIS E UNHA XINCANA DE ADESTRAMENTO COMPOÑEN A SEMANA DA MOBILIDADE EN BARBADÁS

O xoves no Paseo dos Amieiros haberá un circuito ciclista infantil ás 18,00 horas

O venres ás 18,00 horas no parque da Solaina haberá contacontos c on Raquel Queizás

Ao longo da semana haberá reducción da velocidade a 30 quilómetros por hora

  • A Semana Europea da Mobilidade celébrase en Barbadás con “unha serie de actividades coa finalidade de concienciar á cidadanía da importancia da educación vial dende idades temperás e aproveitarase a ocasión para dar impulso ao Camiño Escolar”, resume a concelleira de Educación, Marga Pérez.
  • O luns alumnado do colexio O Ruxiedoiro visitaron as instalacións da policía local, mentras que este xoves día 20 escolares do centro educativo Filomena Dato coñecerán as dependencias e o funcionamento de Protección Civil.
  • Os membros de ambos os dous corpos explican aos/ás alumnos/as a labor que estas dotacións realizan día a día a favor da seguridade viaria.
  • Hoxe martes alumnado do Filomena Dato estiveron nas rúas da Valenzá para emitir multas solidarias, en tanto que mañá mércores serán os/as escolares do Ruxidoiro os que serán acompañados por Protección Civil e policía local para velar polo cumprimento das normas de circulación.
  • Estas multas solidarias consisten en tarxetas de aviso dirixidas a aqueles peóns ou conductores/as que incumpran as normas.
  • Marga Pérez, concelleira de Educación, explica que entre os obxectivos destas actividades figuran “familiarizar a nenos e nenas coas normas de circulación e seguridade viaria, edúcalos/as para que eles/elas á súa vez reeduquen ás familias e que os/as alumnos/as sexan conscientes da importancia da seguridade viaria e as consecuencias do seu incumprimento”.
  • O xoves está programado un circuito ciclista infantil con actividades que se celebrará entre as 17,00 e as 20,00 horas no Paseo dos Amieiros, un circuito aberto a toda a cidadanía.
  • Esta actividade consistirá na instalación na rúa de un cricuito ciclista infantil coa finalidade de dar a coñecer as sinais de tráfico e as normas de educación viaria, ademais de ensinar a correcta utilización da bici e a colocación do casco.
  • No circuito ciclista desenvolveranse as seguintes actividades: xincana de adestramento con saltos, balancín, conos e xogos. Haberá un obradoiro sbore educación viaria e otro sobre reparación de bicis.
  • Neste circuito que se celebra o xoves está prevista tamén unha proba de habilidade cronometrada con medallas para os/as primeiros/as clasificados/as.
  • A presencia de Raquel Queizás para unha actividade de contacontos completa a programación da Semana da Mobilidade en Barbadás.
  • A cita con Raquel Queizás será o venres 21 de setembro ás 18,00 horas no parque da Solaina (A Valenzá).
  • O obxectivo desta actividade de contacontos é “achegar ás idades máis temperás a importancia dos hábitos saudables”, comenta Marga Pérez.
  • Raquel Queizás ofrecerá o espectáculo “Son San”, unha proposta visual e e lúdica coa que os nenos e nenas verán a importancia dunha dieta sa para agozar dunha vida saudable e facelos/as conscientes de que facer exercicio é fundamental para vivir san e estar en forma.
  • Tamén se incidirá na actividade de contacontos na importancia de aumentar a autonomía dos/as nenos e nenas a través do Camiño Escolar.
  • Outra das iniciativas postas en marcha dende o Concello de Barbadás con motivo da Semana da Mobilidade é a instalación de sinais reductoras do límite de velocidade na avenida de Celanova.
  • A reducción da velocidade pretende concienciar sobre o respecto aos peóns e sobre a importancia de facer espazos máis adecuados e seguros para eles/elas.
  • A velocidade na avenida de Celanova quedará restrinxida a 30 quilómetros por hora durante a Semana da Mobilidade.
  • Baixo o lema de “Combina e móvete” dende a Concellería de Educación incídese na importancia da promoción dunha mobilidade sostible, tanto para o medio ambiente como para a saúde pública, resalta Marga Pérez.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “é importante concienciar sobre os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables coma o transporte público, a bicicleta e as viaxes e para conseguilo é fundamental crear espazos respectuosos e seguros para os peóns.

Educación/Formación, Eventos, Novas

CONTENT.1540130548

SINGLE.1540130548