17/09/2022

Semana Europea da Mobilidade en Barbadás

As actividades desenvolveranse entre os días 16 e 22 de setembro, nos colexios, na rúa, na biblioteca e na Casa de Cultura Manuel María

Presentación Semana Europea da Mobilidade

OBRADOIROS, TEATRO, XINCANAS E VISITAS AO MUSEO DE LOIRO EN TRANSPORTE PÚBLICO SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE EN BARBADÁS

As actividades desenvolveranse entre os días 16 e 22 de setembro, nos colexios, na rúa, na biblioteca municipal e na Casa de Cultura

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indicou que “de novo celebramos en Barbadás a semana europea da mobilidade centrada na educación viaria no ámbito da escola e da infancia. Un semana chea de actividades que pretenden mesturar mobilidade co ocio e coa cultura”.
  • Valcárcel destacou que “a seguridade viaria ten que ser un aspecto importante dentro da educación dos cativos e cativas e para facela atractiva, ten que ter un aspecto lúdico. Deste xeito será máis doado que comprendan a súa importancia”.
  • A concelleira de Educación, Marga Pérez, explica que “comezamos a semana da mobilidade e como en edicións anteriores co obxectivo de promover e concienciar sobre a utilización de transportes máis sostibles e fomentar o desenvolvemento de boas prácticas máis respectuosas co medio ambiente”.
  • As actividades programadas para este ano son: circuítos de educación vial nos colexios, obradoiro para infantil na biblioteca municipal, quedada para paseo a pé, teatro, xincana e visita ao Museo de Loiro en transporte público”, comenta a edil de Educación.
  • Marga Pérez destaca que “seguiremos traballando en potenciar o ‘camiño escolar’ e mellorar a seguridade nas zonas escolares coa eliminación de vehículos”.

 

  • Cronograma das actividades:

–  Luns 19

Circuíto de Educación Vial. CEIP O Ruxidoiro.

Instalarase no patio do colexio CEIP O Ruxidoiro, un circuíto viario organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Barbadás. Os alumnos poderán levar patíns, monopatíns, patinetes ou bicicletas.

Martes 20

Circuíto de Educación Vial. CEIP Filomena Dato.

Instalarase no patio do colexio CEIP Filomena Dato,  un circuíto viario organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Barbadás. Os alumnos poderán levar patíns, monopatíns, patinetes ou bicicletas.

Mércores 21

– Visita ao Museo de Loiro en transporte público. Alumnado CEIPs de Barbadás.

– Obradoiro de mobilidade “Araña Malena”.

Xoves 22

– Quedada para Paseo da Mobilidade. Ás 10:00 h no Polideportivo. Sesión de ioga ao rematar.

– Visita ao Museo de Loiro en transporte público. Alumnado CEIPs de Barbadás.

– Xincana ciclista. Parque dos Amieiros dende as 18:30 h.

  • Venres 23

Teatro.  Casa de Cultura ‘Manuel María’. Alumnado CEIPs de Barbadás.

Educación/Formación, Novas, Transporte

CONTENT.1728682791

SINGLE.1728682791