17/09/2023
Semana Europea da Mobilidade en Barbadás, programa de actividades
do 16 ao 22 de setembro
A Semana Europea da Mobilidade, da que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico é coordinador nacional, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre os beneficios tanto para a saúde pública como para o medio ambiente asociados ao uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé.
- Está iniciativa celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sostible e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
- O tema elixido pola Comisión Europea para a campaña deste ano 2023 é “Eficiencia enerxética” e o lema para este e os próximos anos será “Combina e móvete!”
- O concello de Barbadás, como cada ano, súmase a esta iniciativa e desde a súa concellería de Educación, organiza para a Semana Europea da Mobilidade, actividades para fomentar o uso do transporte público, a educación viaria, o coidado do medio ambiente….
- Estas accións, que cobran un especial protagonismo pola celebración da Semana Europea da Mobilidade, véñense desenvolvendo no Concello de Barbadás durante todo o ano, con programas como o do “Ruta Catalina”, que promove a mobilidade casa-escola dos alumnos de primaria, con medios como a bicicleta, patíns ou andando, evitando o uso de vehículos de motor.
AXENDA SEMANA DA MOBILIDADE 2023