30/11/2020

Será unha terceira vez… o Gato con Botas?

Emprendemento en Barbadás

Cris e Eva de O gato con botas
  • Cristina Arias Noia e Eva Losada Fernández coñécense dende a infancia vivida en Pereiro de Aguiar, onde compartiron vecindade e colexio, e despois, en Ourense, os estudos universitarios.

 

  • As dúas  graduaronse en Traballo Social e parte da súa vida laboral transcorría entre rapaces en risco de exclusión social no caso de Cristina, e para Eva, no mundo da animación cultural.

 

  • En abril de 2016 levaban tempo vivindo en Barbadás e aquí tiveron fillos/a, así que idearon un xeito de conciliar vida laboral e maternal: unha noite de volta a casa viron o cartaz de traspaso dunha zapatería chamada “O gato con botas” e medio en broma, falaron de facerse cargo dela.

 

  • “Nunha semana tiñamos acordado o traspaso cos propietarios anteriores e pensamos no nome Érase 2 veces O Gato con Botas, para darlle unha segunda vida”.

 

  • Viron que era o espazo perfecto para ter  os nenos e as nenas  con elas mentres atendían a zapatería e a trocaban en lugar de encontro para familias con actividades para maiores e peques. Fixeron realidade a “conciliación perfecta” ca que soñaban, e adaptaron os horarios de atención ó público cos de atención ás súas propias familias.

 

  • Na metade do local, diante dunha gran fotografía mural do bosque de Vilariño (Pereiro de Aguair), houbo sesións de contacontos, xogos e lecturas en grupo e individuais, espectáculos circenses, maxia, música, obradoiros de baleirado de cabazas polo Samaín, festas polo día da Muller…

 

  • Tamén aproveitaron un cacho de beirarrúa para as “gateadas” nas festas da Valenzá. Deron así contido o cancelo que usaron nas redes sociais #ogatoconbotasmáisquezapatos

 

  • Até hoxe ese local foi zapatería dúas veces, porque Cristina máis Eva están convencidas das segundas e terceiras oportunidades, e creen que a chegada da pandemia rachou as opcións de conciliar as súas ocupacións, nas diferentes fases de confinamento, non poden ter os pequenos con elas… pero eso supón un “punto e seguido”.

 

  • Pechan o único local de calzado infantil de Barbadás, no que so había zapatos 100% “feito en España”, e comezaban a ter calzado para adultas .

 

  • “Xa non é viable o noso plan de conciliación así que anunciamos nas redes sociais que liquidamos todo o que temos, mercancía e mobiliario e eso si que resultou ser unha gran oportunidade para decatarnos do que temos arredor, e dende o primeiro momento só recibimos mostras de cariño, e casi baleiramos o local”, detalla Eva.

 

  • Quedoulles sen cumplir o soño de adicar a trastenda a actividades formativas e de acompañamento formal para familias… e esa é unha das posibilidades que contemplan para o futuro, no que seguen a vivir en Barbadás e avisan de que se reinventarán e de que… “quen sabe, igual temos un érase tres veces o gato con botas”.

 

  • De momento, o peche de local será visible nas redes. O seu plan é transmitilo en vivo no seu “facebook” ás 20,30 do luns 30 de novembro (hoxe).

Zapatería O Gato con Botas

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1728534267

SINGLE.1728534267