31/05/2021
Servizo de asesoramento á cidadanía para trámites en liña e de administración electrónica
Xoves de 11.00 a 13.00 h. na Casa da Mocidade -A Valenzá

- O Concello de Barbadás pon en marcha un servizo de asesoramento á cidadanía para aprender a realizar os trámites en liña de uso habitual tanto con empresas como coas diferentes Administracións Públicas.
- Para facer uso deste servicio, será preciso pedir cita previa, chamando ao número 988 360 413.
- O lugar de atención aos usuarios que o desexen, será na Casa da Mocidade, na Rúa dos Diestros nº 2 (A Valenzá).
- O período de funcionamento do servizo será os xoves de 11.00 a 13.00 horas, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro do 2021.