31/08/2021
Sesión formativa “Trámites que se poden realizar coa CHAVE365 “
O xoves, 2 de setembro, de 11:00 a 13:00 h., nas instalacións da Casa da Mocidade
- O Centro Empresarial Transfronteirizo, organiza a Sesión formativa “Trámites que se poden realizar coa CHAVE365 “, incluído no programa de Formación á Cidadanía para Trámites En Liña e Administración Electrónica do Concello de Barbadás.
- Consistirá nunha sesión para aprender a realizar trámites con administracións públicas (Xunta de Galicia, Concellos…), de xeito telemático, dende unha computadora ou dispositivo móbil:
- Descargar certificado de vacinación,
- Solicitar unha subvención,
- Enviar unha instancia….
- Poderán acudir todas as persoas que estean interesadas independentemente da súa formación ou idade. As prazas son limitadas.
- É preciso inscribirse previamente, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás,
- chamando ao 988360413, en horario de 9:00 a 14:00 h.
- ou, enviando un mail a cet@barbadas.es
- A sesión, terá lugar o próximo xoves, 2 de setembro, de 11:00 a 13:00 h., nas instalacións da Casa da Mocidade (Rúa dos Diestros, 2 – A Valenzá – Barbadás).