05/02/2020

Sinatura do convenio entre Barbadás e Taboadela para o Centro de Información á Muller

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE BARBADÁS E O CONCELLO DE TABOADELA PARA A PRESTACION CONXUNTA DO SERVIZO DO CENTRO DE  INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM).

Os alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Taboadela, Álvaro Vila asinaron esta mañá o convenio de colaboración

  • Os Concellos de Barbadás e Taboadela comprométense a través deste convenio a desenvolver as actuacións de cooperación e asistencia activa en materia de asistencia ás mulleres no Centro de Información á Muller de Barbadás.

 

  • Esta colaboración está vinculada ás subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ó programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a
    violencia de xénero.

 

  • O obxecto do convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo do CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE BARBADÁS e prestar de forma compartida entre os concellos de Barbadás e de Taboadela.

 

  • A xestión do servizo será realizada polo Concello de Barbadás e incluirá todo o relacionado coa xestión do centro, aspectos materiais e técnicos ou de servizo (sexa tramitación administrativa, instalación, reparación e mantemento de infraestruturas, xestión de persoal, xestión de axudas, etc.).

 

  • Atenderanse os casos remitidos polos servizos sociais ou outros departamentos municipais (educación familiar, axuda a domicilio, servizo de axuda no fogar,…) dos concellos respectivos entre a poboación empadroada neses concellos. Igualmente atenderanse os casos remitidos polo persoal médico, forzas e corpos de seguridade, ou Xulgados deses concellos.

 

  • Este convenio comprende tamén a posibilidade de contratación polo Concello de Barbadás, na forma que se sinale, de todas as actividades ou prestacións necesarias para o funcionamento e xestión do servizo compartido.

 

  • Para facilitar o seguimento, cumprimento e a coordinación do presente convenio, constituirase unha Comisión Mixta, sen prexuízo das competencia atribuídas ós respectivos Alcaldes, e ademais da súa presenza, estará integrada polo persoal técnico de cada Concello. Poderán ser invitados Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal dos Xulgados ou dos centros educativos e de saúde dos concellos asinantes.

 

  • O convenio de colaboración foi asinao polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o rexedor de Taboadela, Álvaro Vila Araújo. Tamén estiveron a tenente alcaldesa de Barbadás, Victoria Morenza, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

Igualdade, Novas

CONTENT.1728269070

SINGLE.1728269070